Os exames de persoal subalterno da Xunta para persoas con discapacidade intelectual serán o 24 de febreiro

Por Enrique Martínez | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 13/02/2024 | Actualizada ás 11:36

Comparte esta noticia

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica este martes a data de realización do exame para cubrir 28 prazas de emprego público reservadas para persoas con discapacidade intelectual.

Segundo informou a Xunta, máis de 530 persoas están inscritas nestas probas para o acceso á agrupación profesional de persoal subalterno (AP) da Xunta que se realizarán o sábado 24 de febreiro, no pavillón nº2 da Feira internacional Galicia Abanca, en Silleda.

"A inserción laboral de persoas con discapacidade constitúe unha vía fundamental para alcanzar unha plena integración social, polo que é necesario adoptar as medidas necesarias para incrementar o emprego destas persoas, aumentar as súas posibilidades de traballo e impedir calquera forma de discriminación", destacou a administración autonómica nunha nota de prensa.

Neste sentido, manifestou, as administracións públicas "deben promover e desenvolver iniciativas que axuden a alcanzar unha inserción laboral efectiva das persoas con discapacidade".

Miles de aspirantes vestíronse de negro como protesta mentres realizan as oposicións de Enfermaría do Sergas
Miles de aspirantes vestíronse de negro como protesta mentres realizan as oposicións de Enfermaría do Sergas | Fonte: Europa Press - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta