Terá lugar do 25 de maio ao 2 de xuño e contará con máis de 50 actividades para todos os públicos. Na presentación, a alcaldesa Cristina Cid resaltou a importancia da festa como dinamizador económico para os negocios de Allariz.
  comenta   0
A hostalería local ofertará ata o 12 de outubro tapas e menús cuxo ingrediente principal é a carne de boi. Dezasete tapas competirán por ser a elixida entre os comensais como a “Mellor Tapa” e mantense o premio para participantes alaricanos, "Papando no Boi".
  comenta   0
Música, actividades para público infantil, cinema e actividades deportivas son algunhas das apostas para este tempada de verán na vila do Arnoia.
  comenta   0
As embarcacións dedicadas á captura de centola e boi con nasas deberán retiralas no momento en que comece a correspondente veda e levalas a porto.
  comenta   0
A iniciativa pretende garantir a eficiencia na resposta e o rexeitamento a esta problemática social, especialmente nos contextos de eventos festivos. A Festa do Boi será a primeira na que se implante o devandito protocolo.
  comenta   0
Con motivo do 60 aniversario do falecemento de Vicente Risco, a Fundación que leva o seu nome cedeu á Asociación Xan de Arzúa uns debuxos del nos que aparecen representados gando vacún, feiras ou escenas do rural. Ademais de aparecer no cartel e no programa, utilizáronse tamén para o pano e as camisetas.
  comenta   0
A correspondencia que saia da oficina de Correos con selo postal levará impreso o deseño de 4 elementos representativos da vila. Con esta iniciativa, "o nome de Allariz continuará a viaxar polo mundo", comentaba a alcaldesa Cristina Cid.
  comenta   0
A iniciativa enmárcase nas XI Xornadas de Carne de Boi de Allariz que comezan este venres, 30 de setembro. O premio ten unha dotación económica de 100 euros para gastar no comercio local.
  comenta   0
Do 30 de setembro ao 12 de outubro terá lugar a XI edición das Xornadas de Carne de Boi de Allariz con petiscos e menús deste produto nos establecementos participantes. Haberá concurso de tapas, actividades temáticas e premios.
  comenta   0
Incorporarase ao Álbum de Galicia, unha colección dixital que reúne as vidas de personaxes de moi diversos ámbitos: sociedade, ciencia, cultura ou empresa "que contribuíron de forma significativa á sociedade galelga ao longo da súa historia"
  comenta   0
A prohibición de extracción deste crustáceo na costa lucense prolongarase ata o 27 de novembro, día incluído
Aínda que houbo xa actividades previas nos centros de ensino, o comezo oficial da programación foi este sábado 11 de xuño coa primeira saída do boi pola noitiña. Os festexos alongaranse ata o domingo 19.
  comenta   0
A Asociación Cultural Xan de Arzúa vén de presentar a programación que durante 9 días de xuño traerá de novo a Allariz moita troula e preto de 50 actividades.
  comenta   1
Asociación Cultural Xan de Arzúa e Concello de Allariz presentaron xa un avance do que será a programación e o cartel anunciador dun dos eventos máis importantes para a vila do Arnoia.
  comenta   0
As dúas denominacións xeográficas cudirán á Feira Internacional de Turismo con dous showcookings nos que poñerán en valor e vincularán a versatilidade das carnes galegas coa calidade da gastronomía e o turismo arredor do Camiño de Santiago.
  comenta   0
Estanse a celebrar as 'X Xornadas de Carne de Boi de Allariz', un evento que pon en valor este exquisito produto local nun contexto de produción sustentable e comercio de proximidade. Falamos con Xosé Manuel Romero, distribuidor.
  comenta   0
A vila do Arnoia acollerá do 24 de setembro ao 12 de outubro unha nova edición das Xornadas de Carne de Boi de Allariz. Este ano chegan ao seu 10º ano de celebración con 23 establecementos locais participantes.
  comenta   1
"O boi terá que agardar un chisco para percorrer de novo as rúas de Allariz", afirman dende a Asociación Cultural Xan de Arzúa que vén de decidir pasar a celebración ao 2022. Para non esquecer o evento preparan diferentes accións culturais.
  comenta   0
“Don Celidonio é igual por dentro que por fóra: carne e espírito son a mesma zorza, misturada e revolta, co mesmo adubo de ourego e pemento”. (Vicente Risco, O porco de pé).
  comenta   0
O VI ‘Poemagosto’ e o remate das ‘VIII Xornadas de Carne de Boi’ encherán a vila ourensá cun amplo programa cultural e a posibilidade de degustar os petiscos que ofrecen 17 establecementos hostaleiros.
  comenta   0
Allariz vén de presentar os menús e tapas que ofrecerán ata o 13 de outubro máis de 20 establecementos hostaleiros que participan na oitava edición das Xornadas de Carne de Boi de Allariz.
  comenta   1
A Asociación Cultural Xan de Arzúa, organizadora da Festa, xunto coa Área de Igualdade do Concello de Allariz, traballan conxuntamente por unha festa libre de violencias e en convivencia.
  comenta   0
A Festa do Boi celebrarase este ano do 15 ao 23 de xuño, nove días de troula con máis de sesenta actividades. Ademais das imprescindibles carreiras do boi tamén haberá música, teatro, ocio infantil, encontros populares e unha procesión medieval.
  comenta   1
Mario e Cristina son os donos destes dous animais que viven en Chao da Casa, en Quiroga.
Ben coñecida é a Festa do Boi e a simboloxía deste animal para os alaricanos, pero a devoción por el vai máis alá do festivo. Dende hai uns anos, o concello apostou por buscarlle unha saída económica e produtiva.
  comenta   0
A vila de Allariz organiza un ano máis as Xornadas de Carne de Boi con 23 establecementos hostaleiros que ofrecen este manxar en menús especiais do 28 de setembro ao 14 de outubro. Dezanove deles participarán no concurso de tapas.
  comenta   0
Este tipo de carne estase cotizando a grandes prezos en restaurantes de luxo de todo o mundo. O novo selo garantirá 36 millóns de euros en beneficios ás explotacións.
  comenta   1
Aumentaron o seu número un 5,7 por cento durante o pasado ano 2016, segundo os datos ofrecidos pola II Feira Profesional de Maquinaria, Agricultura e Gandería.
  comenta   0
A Xunta apoia a creación da IXP Vaca e Boi de Galicia para preservar e poñer en valor a carne procedente destes animais, a través dunha iniciativa promovida polo sector e pola IXP Ternera Gallega.
  comenta   0
A Xunta destina máis de tres millóns de euros á recuperación, conservación e fomento das razas gandeiras autóctonas.
  comenta   1
A Asociación Animalista Libera censura a cerrazón da corporación alaricana e "os ataques dunha minoría" á proposta de reconversión. Auguran un veto autonómico.
  comenta   4
A asociación Libera entende que só cun “estudo científico” se conseguiría saber se os animais que participan na Festa do Boi sofren ou non presión.
  comenta   5