A veda da centola e o boi comeza o 20 de xuño nas provincias da Coruña e Pontevedra

Na provincia de Lugo, a veda comezará o 26 de xuño e rematará o 29 de novembro, incluído.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 19/06/2020 | Actualizada ás 13:29

Comparte esta noticia

A veda da centolla e o boi comezará a aplicarse este sábado na costa que vai dende A Guarda ata o cabo Corrubedo e dende este ata Estaca de Bares, informou nun comunicado a Consellería do Mar, que indicou que a medida se prolongará ata o 8 de novembro, incluído.

Deste xeito, quedan prohibidas as capturas na costa das provincias da Coruña e Pontevedra. Na de Lugo, entre o cabo Estaca de Bares e o río Eo, a veda empezará o 26 de xuño, ata o 29 de novembro, incluído.

As medidas figuran así especificadas na resolución pola que se aproba o plan de xestión destas especies para a campaña 2020-2021. Durante a veda queda expresamente prohibida a captura destes animais para todas as embarcacións por medio de calqueira arte, lembra a Consellería do Mar.

As embarcacións que se dedican a capturar estas dúas especies con nasas deberán retiralas e levalas a porto, agrega a nota, que resalta que a veda contribúe a "aumentar a biomasa e regular a pesca" de centolla e boi co fin de axustar a xestión pesqueira ao ciclo de vida da especie e protexer a reprodución e que a explotación sexa "máis sustentable".

Centolla. EUROPA PRESS - Arquivo
Centolla. EUROPA PRESS - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta