A Xunta rompe a súa propia veda da centola e autoriza capturar máis se é para actos de promoción

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/11/2023 | Actualizada ás 11:04

Comparte esta noticia

A Dirección Xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica da Consellería do Mar poderá autorizar de forma excepcional a entidades organizativas do sector capturar máis centola do permitido no plan de xestión para destinalo a actos de promoción que redunden nunha mellora da comercialización desta especie.

Así se desprende dunha resolución publicada este venres no Diario Oficial de Galicia (DOG) pola que se modifica o Plan de xestión da centola e do boi 2023-2024. Segundo sinala o texto publicado, as cantidades solicitadas por estas entidades e concedidas mediante a citada autorización serán a maiores das normas xerais que establecen que a cota máxima da centola será de 35 kg por barco e día, ao cal se lle engadirán 35 kg/día por cada tripulante enrolado e a bordo.

As embarcacións autorizadas no marco deste plan de xestión poderán doar á entidade solicitante as cantidades que se indiquen na devandita autorización, a condición de que non estean en veda.

No entanto, e co fin de levar un control das cantidades desembarcadas con destino á promoción desta especie, as embarcacións admitidas deberán cumprir coas operacións de peso e elaboración das notas de venda na lonxa correspondente.

Un home observa unhas caixas con centolas na lonxa de Burela, a 15 de decembro de 2022, en Burela
Un home observa unhas caixas con centolas na lonxa de Burela, a 15 de decembro de 2022, en Burela | Fonte: Carlos Castro - Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta