Novenoel é un dos fundadores do festival de arte Viladomar 'máis alá dos muros' que enche cada ano, dende o 2018, esta pequena vila mariñeira de cor. Despois de ver como en México os murais "formaban parte da identidade do pobo", animouse a traer esta idea á súa vila natal.
  comenta   0
Investigadores vigueses lideran un proxecto para fabricar unha embarcación integramente con biocomposites.
Esta gran nao está Sanxenxo, no porto deportivo. Iso si, non se trataba da Victoria orixinal, que se perdeu ao volver das Antillas cara Sevilla, senón dunha réplica idéntica.
  comenta   0
A embarcación, que participa nunha regata entre Francia e Martinica, foi atopada sen o seu tripulante tras o aviso dos organizadores.
  comenta   0
Os traballadores do Centro de Coordinación do Tráfico e Salvamento Marítimo de Fisterra explican a Galicia Confidencial como realizan a xestión dunha emerxencia dende que reciben o aviso por parte dun particular ata que deciden os medios a despregar, coa dificultade que en moitas ocasións supón o ubicar exactamente no lugar onde se produxo o suceso. Tamén somos testigos dun episodio directo de vixilancia sobre a contaminación dos mares.
  comenta   0
Aínda que o máis visual do traballo de Salvamento son os medios técnicos, detrás deles hai unha liña de traballadores que están monitoreando continuamente o que acontece no mar e que son os que evalúan cada situación e mandan os medios correspondentes para facerlle fronte.
  comenta   0
O Galicia Confidencial tivo a oportunidade de visitar o centro de coordinación de Tráfico e Salvamento Marítimo en Fisterra da man do seu xefe, Manuel Capeáns Álvarez, que nos profundou na labor que realizan dende esta unidade. No 2023 atenderon 469 persoas e controlaron 38.259 buques que pasaron fronte ás nosas costas.
  comenta   0
O mariñeiro rompeu un brazo e sufriu hipotermia. Posteriormente, foi evacuado ao hospital polo helicóptero de Salvamento Marítimo cando o barco navegaba rumbo ao porto da Coruña
  comenta   0
Puido sentirse na área de Betote de Arriba, Sarria e Samos; e foi de menor intensidade que o que se deixou sentir o pasado venres na zona.
O barco mercante 'Albiz', que levaba troncos de eucalipto, quedou varado na mañá deste xoves nunha lingua de area das augas portuarias de Ribadeo. O capitán do barco contratou os servizos de dous remolcadores de Sertosa situados no porto de San Cibrao, no municipio de Cervo, para axudalo a saír do seu varamento.
O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou este martes o Plan de xestión da sardiña con arte de 'xeito' para 2024. En Galicia existen 412 embarcacións con permiso para utilizar esta arte.
  comenta   0
O venres pola tarde perdérase o sinal dun petroleiro de bandeira de Palaos fronte ás costas galegas, a 60 millas. Manuel Capeáns, xefe do Centro de Coordinación de Salvamento Marítimo de Fisterra, detalla a Galicia Confidencial que este suceso ocorre cunha media de 25 dos 36.000 barcos que anualmente pasan fronte ás costas galegas.
  comenta   0
Polo momento non se trata dun suceso preocupante, a falta de máis información, xa que o barco perdera a cobertura noutras ocasións durante a súa viaxe.
  comenta   0
María García namorouse deste oficio cando comezou a ir co seu pai ao mar. Quince anos estivo combinando o ser educadora infantil polas tardes con saír a rastrexar pola mañá. A pesares de que a súa profesión segue monopolizada por homes, di que "sempre me axudaron moito en todo o que necesitei e nunca me sentín discriminada". O Galicia Confidencial achégavos a historia desta muller loitadora.
  comenta   0
O 'Carrier Pyxis Ocean' está construído con tecnoloxía que permite aproveitar a forza do vento para aforrar un 30% de combustibles fósiles.
  comenta   0
A asociación Noia Limpa, a primeira en dar a voz de alarma sobre a vertedura do 'Toconao', pide que non se baixe a garda no asunto: "Falamos cunha asociación de Sri Lanka para aprender da súa catástrofe e dinnos que non se pode medir a alerta polos pélets que hai por metro cadrado, senón polos que se levan recollido do total da vertedura".
  comenta   0
A Federación Provincial de Confrarías de Pescadores de Pontevedra considera "irresponsables" as resolucións do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación sobre a xestión das posibilidades de captura destas especies.
  comenta   0
O operativo posto en marcha por Salvamento Marítimo evacuou aos mariñeiros en apenas 38 minutos desde que se recibiu a chamada de alerta.
Referencias vinícolas da comarca, maridadas con pratos elaborados a partir de produtos gastrónomicos autóctonos de Valdeorras como o botelo ou a cachucha, centraron a presentación impulsada dende a Ruta do Viño de Valdeorras no recinto feiral do IFEMA a cargo do chef José Manuel Mallón.
  comenta   0
A embarcación Praja Primeiro rescatou a dous deles. É a segunda vez que salva a mariñeiros de embarcacións envocardas.
  comenta   0
Un barco atópase esperando en Ferrol para o transporte desta mercadoría a Estados Unidos. Un total de 18 traballadores están empantanados mentres non se solucione a cuestión.
A miniseria está baseada na historia real do pesqueiro 'Francisco y Catalina' de Santa Pola (Alacante), convertido en noticia en 2006 ao ser o primeiro barco europeo en rescatar a 51 inmigrantes.
  comenta   0
Despois da exitosa estrea en Galicia de IRIBARNE, o novo espectáculo de ButacaZero encara unha xira que terá o vindeiro 20 a súa primeira parada en Santiago de Compostela, concretamente no Auditorio de Galicia.
  comenta   0
Os plásticos da costa vasca non son os de Galicia que xa traballa con buques propios. O Goberno Vasco ten preparados dous barcos en Santurtzi equipados con redes especiais para a recollida deses plásticos, se fose necesario.
  comenta   0
A toxicidade para a Daphnia (invertebrado acuático que se emprega como modelo para valorar a toxicidade dunha sustancia) tería una CE50 (concentración que causa un 50 % de mortalidade) de 160 mg/L, o que a catalogaría como pouco tóxica.
  comenta   0
Aínda que a Xunta afirma que hai profesionais traballando nos areais, cando un se achega ata eles o único que se atopa é a xente do común que fai o que pode. Por iso, estes voluntarios tratarán de alzar a voz para que non se lle reste importancia a un asunto que xa recorda a moitos o acontecido co Prestige.
  comenta   0
O buque portacontedores 'X-Press Pearl' de Singapur incendiouse na costa de Colombo, en Sri Lanka, no ano 2021. Despois de arder durante un total de 12 días, o navío afundiuse o 2 de xuño, mentres estaba a ser remolcado a augas máis profundas. Tres contedores transportaban 78.000 quilos de pellets que chegaron ás costas. As autoridades realizaron labores de limpeza e xestión exemplares.
  comenta   1
Medio Ambiente asegura que non hai fauna afectada por estes residuos e espera coñecer as análises da composición do material este luns. O PSdeG acusa a Rueda de aplicar o mesmo "manual de mentir" que durante a catástrofe do Prestige.
  comenta   1