O uso do móbil salvou aos tres mariñeiros que naufragaron en Porto do Son

A embarcación Praja Primeiro rescatou a dous deles. É a segunda vez que salva a mariñeiros de embarcacións envocardas.

Por Galicia Confidencial | Ribeira | 29/01/2024 | Actualizada ás 10:53

Comparte esta noticia

O uso do teléfono móbil salvoulles a vida. O feito de que os 3 tripulantes do pequeiro naufragado en Porto do Son avisasen co seu móbil ao 112 facilitou a posta en marcha dun operativo desde o Centro de Coordinación de Salvamento Marítimo en Fisterra que os permitiu localizar con vida e en bo estado.

Embarcación envorcada e logo afundida en Porto do Son. Salvamento Marítimo e outros barcos acudiron ao rescate neste novo naufraxio
Embarcación envorcada e logo afundida en Porto do Son. Salvamento Marítimo e outros barcos acudiron ao rescate neste novo naufraxio | Fonte: Salvamento Marítimo

O aviso chega ás 10.10h, cando o 112 informa ao CCS Fisterra que recibiu unha chamada de móbil dunha persoa cuxa embarcación, a Guiomar Un, está dada á volta e coa quilla ao sol na zona das Basoñas, en Porto do Son. Os tres mariñeiros están agarrados no buque envorcado.

De inmediato o Centro de Coordinación de Salvamento (CCS) de Fisterra mobiliza á Salvamar Regulus, ao helicóptero Helimer 402, ao avión Sasemar 102 Rosalía de Castro e aos barcos pesqueiros na zona. Ás 10:28h o Pesqueiro Alcón II informa que ve a embarcación envorcada e a tres presoas que parecen ilesas sobre ela. Ás 10:41 horas a Salvamar Regulus di que as tres persoas foron rescatadas. Dous dos tripulantes chegaron a nado até a Salvamar Regulus e un a bordo do pesqueiro PRAJO Primeiro.

DE NOVO O PRAJA PRIMEIRO

Non é a primeira vez que o Praja Primeiro vive unha situación similar. O 9 de xaneiro de 2020, a embarcación de pesca Rapaciña con dous tripulantes a bordo, sufriu unha escora excesiva mentres estaba botando as redes, o que provocou unha inundación repentina e rápida da bañeira da embarcación e o seu posterior envorco.

A embarcación terminou por afundirse nas proximidades do Castro de Baroña. Os seus dous tripulantes foron rescatados en bo estado de saúde pola embarcación de pesca Prajo Primeiro que estaba a faenar as inmediacións.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta