Rede, a Federación de asociacións de familiares e usuarias de residencias e da depencencia, denuncia que a alerta chega on cinco días de atraso.
  comenta   0
A Deputación de Pontevedra enviou este luns ao Concello de Vigo o convenio para a reforma da bancada de Gol do estadio municipal de Balaídos e asegurou que podería asinarse "esta mesma semana, se se quere".
María Amigo Regueiro, educadora ambiental de Adega, cóntanos que levan dende o 2014 realizando labores de limpeza da planta na illa de Sálvora, pois "a partir dun pequeno fragmento pode rebrotar" e "non ten inimigos naturais".
  comenta   0
Aínda que sen mencionar expresamente o nome de Ence, Greenfiber defendeu nun comunicado que "non se poden comparar dous informes elaborados con seis anos de diferenza e para proxectos completamente diferentes", á vez que subliña que "o estudo da outra fábrica de Galicia non está actualizado".
O operativo, coordinado por Salvamento Marítimo, activouse despois de que un particular, minutos antes das 20.00 horas, informou de que presenciara como unha planadora envorcaba á altura da parroquia do Hío. Segundo dixo, o tripulante caera ao mar e non era capaz de velo na auga.
  comenta   0
En concreto, será entre a franxa das 10 ata as 19 horas cando o megawatt hora estea a cero euros ou terá valores negativos, e o prezo mínimo rexistrarase entre as 16 e 17 horas con -1 euro/MWh, segundo os datos do Operador do Mercado Ibérico de Enerxía (OMIE).
  comenta   0
O aviso deuse pouco antes das 20.00 horas, cando un particular informou de que presenciara como unha planadora envorcaba na Costa da Vela, á altura da parroquia do Hío. Segundo dixo, o tripulante caera ao mar e non era capaz de velo na auga.
  comenta   0
Detecta niveis de metais superiores ao límite permitido na auga. Ecoloxistas en Acción alertan do risco de abandono e fuga da empresa, "en mans de homes de palla peruanos", e esixen unha caución de 10 millóns de euros
  comenta   0
O seu nome provén da forma da súa flor, con tres pétalos brancos rematados en punta, que recordan ás orellas dos gatos. Como conta a Galicia Confidencial o investigador Jonatan Rodríguez nunha nova entrega da serie de especies invasoras, é todo un enigma, pois "nun principio as flores que aparecen en Galicia poderían ter a posibilidade de ser polinizadas e producir froitos, pero nunca se viu ningún froito con sementes, todas abortan".
  comenta   0
A responsable dos avisos fitosanitarios da Estación Fitopatolóxica Areeiro, Rosa Pérez Otero, expón as principais cuestións a ter en conta sobre este patóxeno que afecta ás vides.
  comenta   0
O conselleiro de Cultura di que "hai boas expectativas" para que esta candidatura sexa aprobada este venres no Comité de Patrimonio Nacional tras cambiar completamente o enfoque da proposta anterior. É o primeiro paso para que sexa oficialmente a candidatura de España na Unesco no ano 2026.
  comenta   0
O mercado prosumidor está a expandirse e como resultado, as persoas están a empezar a adoptar a tecnoloxía na súa vida diaria. Por tanto, os hóspedes que reservan a túa propiedade a través de Airbnb ou outro sitio de aluguer vacacional esperarán atopar certos obxectos intelixentes no teu lugar.
  comenta   0
Desta maneira, aínda que seguen por encima da media da última década e tamén seguen máis elevados que o ano anterior a estas alturas, a reserva hídrica encadea dúas semanas de baixada.
  comenta   0
As Rías Baixas no mes de abril están invadidas pola cor violeta, a desta especie invasora chamada 'Uncaria tormentosa'. Encántanlle as altas temperaturas e as zonas de dunas, nas que se impón fronte a especies endémicas. Jonatan Rodríguez, investigador da USC que participa nun estudo sobre a perigosidade desta planta para os ecosistemas, conta ao Galicia Confidencial as características desta planta.
  comenta   0
Manter o filtro de aire acondicionado do coche limpo é esencial para asegurar un ambiente saudable dentro do vehículo, así como para optimizar o rendemento do sistema de climatización.
  comenta   0
O proxecto da papeleira portuguesa Altri de construír unha fábrica de fibra téxtil de celulosa en Palas de Rei, Lugo, suscita oposición na zona de Ulloa e Arousa, lugares polos que pasa o río Ulla. O proxecto está atopando resistencia por mor da activación e mobilización da plataforma cidadá Ulloa Viva, que argumenta que contaminará a auga e afectará á calidade do río Ulla. Ademais, diversos colectivos ecoloxistas expuxeron as súas preocupacións sobre os posíbeis riscos tanto para a saúde como para o medioambiente.
  comenta   0
Rueda non descarta "expropiacións" se non se chegan a acordos cos propietarios dos terreos onde se instalará. Acusa ao BNG de "demagoxía" por rexeitar a instalación de Altri en Galicia logo de apoiar a súa instalación no Parlamento. Os nacionalistas aseguran agora que é "unha bomba ambiental no corazón de Galicia".
  comenta   0
Olalla Rodial asegurou que a análise da documentación presentada por Altri "evidencia" que o proxecto "non ten nada de economía circular nin de peche do ciclo produtivo", senón que constitúe un "exemplo de libro" dunha "industria de enclave" para a xeración de materia prima para a súa explotación noutro lugar a través dunha "fábrica contaminante que non queren en Portugal".
O Sergas prevé que o centro retome o seu funcionamento con normalidade a partir das 12,30 horas.
"Espérase que unha vez se controle tal situación e realizadas as reparacións necesarias, o edificio poida ser reaberto e os residentes regresen aos seus fogares, xa que nestes momentos atópanse situados en casas familiares", indicou a Policía Local.
A RAG promove un traballo no que se analizan máis dun centenar de nomes.
  comenta   0
Destaca que a celulosa empregará a 2.500 persoas e confía en que o Tribunal Supremo e o Tribunal de Xustiza Europeo lle dean a razón á Xunta cos parques eólicos.
  comenta   2
Galicia continúa en febreiro coa segunda maior inflación do Estado, un 3,2%. Hai unha pequena contención de prezos debido ao descenso da electricidade.
  comenta   0
A contaminación dos plásticos é das máis preocupantes para o medio ambiente, pero tamén chega ata os seres humanos. "Os nanoplásticos están ata na auga da billa, e mesmo na auga embotellada, polo desprendemento do propio plástico co que está feito o envase", detalla o experto a Galicia Confidencial.
  comenta   0