No debate parlamentario do día 27, o candidato Rajoy, “españolista” e centralista, respondía ao nacionalista catalán Joan Tardà dicíndolle, entre outros argumentos, que iba contra os tempos, pois estamos moi avanzados na integración europea, e incluso xa ao lonxe albíscase un estado mundial. Esto último sonaba máis angloamericano do que europeo (o one world, xa preanunciado nos Catorce Puntos de Wilson, 1918).
Pero Rajoy —que é calquera cousa menos parvo—, ¿en qué posición cree que quedaría ahí España, e mesmo a UE? Realista e con sentidiño como él é, non ignorará que nese one world, a lei de ferro das oligarquías cumpliráse igual que se cumple na UE e na España, e os gobernos non sempre mirarán polo interés xeral, como non miran en España nin en Europa.
Esto lévanos a cuestionarnos: ¿ten sido, ou está a ser, a UE alcanzada, ou superada, pola globalización? E, ademáis, ¿saben e aceptan esto os gobernantes europeos e españois, como Rajoy? Dende os Pactos de Familia do s. XVIII en diante, as elites gobernantes españolas demostraron coñecer e aceptar a subordinación de España ao exterior máis dunha vez.