Artigos de A.C. Pereira-Menaut

Expaña, submisa. E Galicia?

Coincidín hai pouco, nunha actividade académica, con varias persoas relacionadas co exército. Falaban del orgullosamente, coma se fose herdeiro directo dos Tercios de Flandes. Nada que obxectar; á parte de ser o normal nesa profesión, cada quén enorgullécese do que desexa.

Profundar na plurinacionalidade, sí, pero...

O lehendakari Urkullu revolucionou o galiñeiro político coa súa proposta de profundar na plurinacionalidade. A idea é moi atendible e, con ela, el érguese sobre a plana mediocridade española, alérxica aos grandes temas. Nunha democracia (que España nunca da chegado a ser) unha discusión constitucional debería verse non como un apocalipse senón como un exercicio de comunicación humana nunha comunidade política (comunicación e comunidade, tan vencelladas, Aristóteles). Pero nesta España polarizada e sen sentido común, non se ve así.

Invertebrada España, capital, Turbomadrid

Manoel Vello Salvado. In memoriam

De España a Expaña pasando polo franquismo

A Alexandre Carrodeguas, buscador.

Contra Trump 2.0

Moitos temos leído o recente artigo de Molly Ball no Time, “The Secret History of the Shadow Campaign That Saved the 2020 Election”. Un artigo bo, longo e asisado. Todo o mundo debería lelo: nel explícasenos como moitas persoas importantes, medios, empresas e outras forzas sociais xúntanse no inverno 2019-2020 nun esforzo sen precedentes para formar unha especie de grande “coalición dos bos” que impedise a calquera prezo un novo triunfo electoral do tolo, supremacista e machista e racista Trump.

Covid, españolismo e galeguismo

A covid, dende logo, é un inmenso incordio para todos. Pero, como todo, ten as súas cousas boas; neste caso, dúas.

E logo, vai vostede votar o vindeiro día 10?

O que non vaia estando un pouco farto da leria electoral española destes anos, que levante a mán. A ver, está vostede a sentir que lle toman o pelo? Ten a sensación de que os seus representantes non lle representan (G. Zaldívar dixit)? Percibe un divorcio entre a clase política e nós, a xente? Entende vostede que, unha vez elexidos, os diputados —ao revés do que pasa cós alcaldes nos concellos pequenos— nunca nos van rendir contas, nin van ter relación ningunha con nós, os seus electores?

España: madura para a ditadura, ou cambio de paradigma?

Podería ser que España, ese “land alemán que tolea por falar inglés”, estivese a madurar cara a unha autocracia? Pois tendo en conta que esa ditadura, caso de vir, non será das antigas, de xeneral bigotudo de a cabalo, senón unha tocquevilleana ditadura de veludo, postmoderna, de panópticon, “Silicon Valley-style”, podería ser que si; e ata poderíamos xa ter un pé nela pois estas cousas nunca son tan de súpeto. Pero tampouco se pode desbotar que, ademais do evidente incremento do poder e da diminución das liberdades, estiveramos diante de algo máis, por acaso, un histórico cambio de paradigma.