Feijóo di que o BNG vive na “contradición permanente” por acudir a eventos co rei e ir en coalición con ERC e Bildu

“Non é moi razoable ir nunha coalición para destruír o Estado ao que supostamente representas na UE”, asegura sobre o acordo entre o Bloque e os independentistas cataláns e vascos.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 15/11/2018 | Actualizada ás 20:00

Comparte esta noticia

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, foi claro e directo ao referirse á estratexia política do BNG de cara aos comicios europeos. “Viven na contradición permanente”, dixo en alusión a este pacto cos independentistas vascos e cataláns e a súa presenza en eventos nos que está o monarca español, en alusión á entrega dos premios Fernández Latorre, organizado por La Voz de Galicia.

Galiza Nova queima un boneco caricaturizado como o rei Felipe VI
Galiza Nova queima un boneco caricaturizado como o rei Felipe VI | Fonte: GALIZA NOVA

O líder do PP lamentou que o Bloque se xunte nunha coalición que ten coma obxectivo “romper as regras do xogo democrático”. “Este tipo de alianzas son moi perigosas”, dixo. “Noutros países de Europa están sorprendendose cada vez máis por este tipo de feitos”, indicou.

Preguntado na rolda de prensa posterior ao Consello da Xunta por esta alianza entre Bildu, ERC e o BNG, Feijóo suliñou que non é “moi razoable” ir nunha coalición electoral “para destruír o estado ao que supostamente representas na UE”.  “É fundamental reflexionar sobre esta situacións”, concluíu.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 4 comentarios

3 Materialista

E a contradición de dicir que asteleiros si pero despois para os encargos para beneficiar á empresa do ministro de defensa? Eso non é contraditorio, o Feijóo, señor da dialéctica hegeliana? Mira q me pareceu mal q Pontón fose á cova dos corenta sabonitas pero o napias este que di? Que fala?

2 comunista independentista

A contradición entre un 'soberanismo' impostado e seguir chuchando dos tetos de mamá-España. Levan así toda a vida.

1 Anovo Reanovado

Para ser comunista hai que ler un pouco e non confundir nunca táctica con estratexia. A mamar-la a Parla.

1 Xanc

O que están en Europa é escandalizado co estado español corrupto onde rouba e roubou todo cr.sto! Onde o Tribunal Supremo cambia cada dous días de sentenza, onde é legal facer apoloxía do franquismo... O normal é querer rachar con todo esto e non saber nada de España