GC Aberto

O cascabel e o gato

Tras o mercado libre que rexe o sector eléctrico, en realidade, hai un sistema oligárquico controlado por cinco empresas que en oligopolio fórranse en calquera circunstancia, onde polo demais, o seu funcionamento é unha farsa e os seus beneficios unha estafa xigantesca. Ao parecer idéntico debe ser o proceder da maioría política cando toca poñerlle o cascabel ás eléctricas para frear as abusivas subidas da luz, pois sen a súa conivencia sería imposible que a factura se houbese disparado na última década mais alá do 87%, como vén confirmar a realidade estatística. Excedido incremento cuxa consecución foi posible ao deixar a regulación do estratéxico mercado enerxético en mans das empresas que conforman o oligopolio eléctrico facilitando que elas se forren, mentres prexudican aos consumidores e ao conxunto do país. E todo, a través do trato de favor inducido pola influencia dos actuais membros dos seus respectivos consellos de administración que antes de coarse pola porta xiratoria ostentaron altos cargos políticos no sector.

Por galfon (http://galdo-fonte-xm.blogspot.com.es/) | GC ABERTO | 25/09/2018

Comparte esta noticia

Situación preferente pola que logran vender  un produto básico e imprescindible, no marco dun mercado cativo e en condicións  lucrativas  para os seus intereses, polo influxo case mafioso exercido sobre o poder político.

CENTRAL ELÉCTRICA
CENTRAL ELÉCTRICA

Por escandalosa que pareza , a situación  non ten  visos de cambiar, polo menos mentres  non se produzan  as reformas estruturais necesarias para corrixir en profundidade o funcionamento do sistema eléctrico vixente, sendo que para iso é imprescindible alcanzar un gran consenso social e político;  un todo imposible de lograr de manterse o  status actual, onde  o lobby enerxético marca as pautas ao Executivo, ata o extremo   que os membros do  seu  staff directivo entregan ao ministerio do ramo os decretos xa elaborados fóra da firma do ministro/a titular.

Non existe posibilidade algunha de orientar os pasos nesa dirección  se non se asume como  premisa   o control público deste sector estratéxico,  auditando  o déficit  tarifario e uns  custos de transición  de dubidosa credibilidade, afrontando á vez,  unha reforma en profundidade da fiscalidade impositiva sobre o consumo, o control  directo dos representantes políticos sobre  os ata agora opacos procesos de poxa de enerxía, do mesmo xeito que  rescatar para a titularidade pública as liñas eléctricas de distribución  como única solución  na erradicación  das malas  prácticas mercantís  que caracterizan a enmarañada dinámica no sector.

Faise totalmente  inexplicable  entender o paradoxo que representa a simultaneidade de ter a enerxía mais cara  de Europa, co feito de ser o país onde  as empresas eléctricas  alcanzan  os beneficios mais suculentos, resultando moito mais complexa a interpretación de tal  dislate  considerando  o agasallo  do déficit de tarifa , esa prima  concertada coas eléctrica  descoñecendo canto lle custa producir a súa enerxía. e  por tanto sen saber   se o seu importe  é xusto ou non repercutilo, pero que aínda así  se aplica  coa  única finalidade  de favorecer ao lobby enerxético, sabendo que os seus efectos non fan mais que escravizar ao usuario a través da débeda que segundo os seus  datos equivale a mil euros  per  cápita en concepto de atrasos do pasado

Quizais, se temos presentes a natureza das relacións dos ex presidentes dos dous partidos que en alternancia ostentaron a Presidencia do país, González e Aznar  e a comprometida  relación  de moitos  ex membros dos seus gobernos coas empresas do sector  así como  a súa inclusión en nómin, profundando nese vinculo de comprometida relación, lograriamos  coñecer  a verdadeira   realidade  do mercado eléctrico,  caracterizado  por unhas  poxas excedidas en prezo, así como  a falta do control e a filantropía institucional do regulador,  cuxos lesivos efectos fan  que os consumidores  teñan de cargar cos  custos dun sistema ineficaz e ineficiente e  mesmo sufrir os efectos da pobreza enerxética.

As  cinco empresas  transnacionales  que en réxime de  oligopolio conforman o sistema eléctrico español, lonxe de ser un referente de boa xestión  fundamentan os seus privilexios  na conivencia que manteñen  co poder político, unha relación de amiguismo  que  mediante opacos  subterfugios   repórtalles incrementos no recibo da luz, tan fraudulentos como ilexítimos.

Ante tal tesitura ,desde a racionalidade a actividade  eléctrica   mais que un lucrativo negocio debe ser entendido como un servizo público no  marco dun sector estratéxico  e desde esa percepción ser tratado, pois na actual conxuntura queda visto que como  oligopolio privado  farase imposible lograr tanto o abaratamento do servizo como unha xestión eficiente da distribución, atrancos   que ao impedir  unha  real e xusta recuperación económica igualitaria, non farán mais que prorrogar a  discriminación  e  incrementar a pobreza.

A única solución efectiva é a nacionalización,  pois desde que co pretexto  de fomentar a competencia e beneficiar ao consumidor con prezos máis económicos privatizouse o sector, as tarifas non fixeron máis que incrementarse, do mesmo xeito que os beneficios destas grandes empresas , sen que desde a esfera política fixésese o mínimo intento para poñerlle o cascabel a unhas  eléctricas que desde entón campan ás súas anchas e fan  o que se lles antolla

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta