Temas: SAúDE MAR

Máis do 80% das 507 zonas de baño do censo oficial de Sanidade contan cunha clasificación sanitaria excelente

O 80,8% das 507 zonas de baño, tanto marítimas como continentais, recollidas no censo oficial da Consellería de Sanidade, obtiveron unha clasificación sanitaria excelente, segundo os datos publicados no informe técnico anual, ao peche da campaña 2017, e que están vixentes durante este verán.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/08/2018 | Actualizada ás 16:55

Comparte esta noticia

O 80,8% das 507 zonas de baño, tanto marítimas como continentais, recollidas no censo oficial da Consellería de Sanidade, obtiveron unha clasificación sanitaria excelente, segundo os datos publicados no informe técnico anual, ao peche da campaña 2017, e que están vixentes durante este verán. Segundo informa a Consellería nun comunicado, a clasificación elabórase a partir dos resultados das analíticas de catro tempadas de baños anteriores e publícase a finais de cada ano.

Praia San Xurxo
Praia San Xurxo | Fonte: Europa Press

O informe actual recolle que, a maiores das mencionadas zonas de baño con clasificación excelente, o 11,7% obtiveron unha clasificación boa, o 5,1% suficiente e tan só o 2,4% unha clasificación sanitaria insuficiente. Cando unha zona obtén durante cinco tempadas uns datos insuficientes elimínase do censo e solicítase ao Concello que coloque un cartel de prohibición permanente do baño, deixando Saúde Pública de realizar analíticas. Para poder volver ao censo, a administración local ten que presentar unha nova solicitude xunto cun informe que xustifique que os problemas que causaban a contaminación están solucionados. A inclusión de novo da zona de baño no censo oficial comunícase pola Consellería de Sanidade ao Ministerio de Sanidade, para a súa remisión á Axencia Europea de Medio Ambiente, que é o organismo da Unión Europea que xestiona o censo. 

ANALÍTICAS DURANTE A TEMPADA DE BAÑO

Entre as novidades do censo deste ano hai cinco novas zonas incluídas, tras varias tempadas de avaliación. Trátase da praia de Seiruga, en Malpica de Bergantiños (A Coruña) e a área recreativa da Pobra de San Xiao en Láncara (Lugo). Na provincia de Pontevedra sumáronse as praias de Calvelo en Cerdedo-Cotobade, Xunqueira en Soutomaior e Covacha en Vilagarcía de Arousa. As praias recollidas no censo oficial de zonas de baño de Galicia están sometidas a controis periódicos durante a tempada de baño co obxectivo de coñecer a calidade das súas augas.

A Xunta lembra que se trata dunha información pública, que se actualiza semanalmente e que está a disposición dos cidadáns na páxina web da Consellería de Sanidade. As análises dos parámetros microbiolóxicos, que miden a contaminación fecal, realízanse durante toda a tempada de baño, desde o un de xuño até o 30 de setembro de cada ano. Segundo a lexislación vixente, é obrigatorio que se realicen oito analíticas en cada zona de baño e outra previa. En Galicia practícanse 9 análises, cunha frecuencia aproximada de quince días, ademais do estudo previo, no mes de maio.

Cando o resultado desta analíticas mostra unha cifra superior aos 1.000 NMP/100 ml considérase que hai contaminación microbiolóxica e desaconséllase o baño nesta zona. Neste caso, a Xunta remite ao Concello unha comunicación e a administración local ten a obriga de informar aos cidadáns, colocando o pertinente cartel.

Temas: SAúDE MAR
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta