Sete anos de inhabilitación por prevaricación para o ex-alcalde de Ourense Francisco Rodríguez

Tamén son condenados á mesma pena os entón concelleiros Áurea Elena Soto Vázquez e Xosé Fernando Varela Parada, así como o director xeral de Rehabilitación Urbana Xosé Carballido Presas. A maxistrada absolve aos respresentantes do BNG Iolanda Pérez Docampo e Xosé Somoza Medina.

Por E.P. | OURENSE | 23/02/2018 | Actualizada ás 12:30

Comparte esta noticia

O Xulgado do Penal número 2 de Ourense condenou a sete anos de inhabilitación para emprego ou cargo público por un delito de prevariación administrativa no coñecido caso das asistencias técnicas ao ex-alcalde polo PSdeG de Ourense Francisco Rodríguez.

Francisco Rodríguez, ex-alcalde de Ourense
Francisco Rodríguez, ex-alcalde de Ourense | Fonte: TVE.

Ademais do que era rexedor no momento dos feitos, foron condenados á mesma pena os entón concelleiras Áurea Elena Soto Vázquez e Xosé Fernando Varela Parada, así como o director xeral de Rehabilitación Urbana Xosé Carballido Presas.

Segundo precisa o fallo, a inhabilitación "comprenderá os cargos de alcalde e concelleiro ou calquera outro de natureza electiva e ámbito local que implique participación no goberno municipal, coa incapacidade para obter outros análogos no ámbito autonómico ou estatal durante o tempo da condena".

Pola súa banda, a maxistrada absolve á entón concelleira do BNG Iolanda Pérez Docampo e Xosé Somoza Medina, que era portavoz municipal do Bloque. Ambos abandonaran as súas responsabilidades políticas após a imputación.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 5 comentarios

5 QuebenomontaoBNG

Bo, xa sabedes consígna oficial do BNG: os condenados non son do BNG. Dá igual que fosen cargos notorios do Bloque cando cometeron os graves delitos polos que son condenados. Pero xa non son do BNG. Repítese a historia do alcalde de Porriño. E a culpa é dos xuices do PP, claro.

4 menudo pais

joder como está a o cousa ou sexa que alí onde gobernou quen gobernou e non conseguiron nada durante todos eses anos e agora éste en tres ou catro acaba así... cheira algo mal.... ahhh que esto es galicia no me daba cuenta.

3 sermos mantidos

Caeron catro ratas, dúas do BNG. Xa sei, agora non son. Acontece, anticipándome aos taparrabos, que cando delinquiron eran cargos do BNG, que o BNG calou e tapou e os servos defenderon a presunción de inocencia. Resume, no falsario PsoEspañol e no BNG hai menos ratas que no Partido Podre simplemente por ter menos poder, pois cando pillan son igual de corruptos, e os servos mantidos igual de vendidos.

2 faremos de tripas corazon

alguns facendo eco dos xuices do pepeiro no famoso XUIZO POLITICO para cargarse a esquerda en Ourense e polo outro lado hoxe mesmo oseñor da marea, o xuiz villano recomendando o voto o pe$oe, nas suas ultimas e desanxeadas declaracions políticas (votaremos o pe$oe facendo de tripas corazón) que lamentabel e que tristureiras declaracions, xa sin complexo algún, que veñen de parte da marea de podreiros, que triste mareo mareante... varios amigos xa sairon facendo natación-crol, escaparon do espanto do tsunami-mareante!!!! aquí esta que ninguen se engane votar marea e ir de cabezas o pe$oe, non sei o que opinara Waldo das JONS o autentico mero-mero do podreiro e non o da sucursal mareada o xuiz villano

1 Fernando G

Poñédeo todo: dos cargos entón do BNG, Xosé Carballido e Fernando Varela, condenados e inhabilitados.