Temas: VALDEORRAS

O prestixioso enólogo e sommelier Luis Paadín visita Valdeorras e a Ribeira Sacra

A visita serviu para presentar a nova ‘Guía de vinos, destilados y bodegas de Galicia 2018’ nas sedes do Consello Regulador da D.O. Valdeorras e da D.O. Ribeira Sacra.

Por X.M. Fernández | Monforte de Lemos | 21/12/2017 | Actualizada ás 13:00

Comparte esta noticia

A guía recolle referencias de 540 bodegas e destilerías da totalidade de denominacións de orixe do territorio galego. Con 384 páxinas a toda cor, a principal novidade –segundo palabras do propio autor- é que destaca a inclusión de “xenuínos mapas de todas as D.O. de Galicia nos que se descobren as condicións específicas de cada terruño”.

Luis Paadín e José Luis García Pando. Fonte: D.O. Valdeorras.
Luis Paadín e José Luis García Pando. Fonte: D.O. Valdeorras.

Na visita ao Consello Regulador da D.O. Valdeorras, Luís Paadín distinguiu un total de 112 referencias procedentes de 33 bodegas valdeorresas. Na presentación da última edición da guía, na que participou o presidente da D.O. Valdeorras, o seu autor asegurou que se trata “da edición máis completa ata hoxe, con 850 referencias descritas e premiadas, das máis de 1.500 referenciadas”. No caso de Valdeorras, sinalou Paadín, “os brancos das viñas situadas a maior altitude e os tintos de cepas máis antigas son os que lograron maior puntuación”.

Pola súa banda, José Luis García Pando, presidente do Consello Regulador de la D.O. Valdeorras, asegurou que grazas ao traballo realizado nos últimos años, a guía conseguiu posicionarse no máis alto da literatura gastronómica ao obter o Premio Especial do Xurado 2017 coma un dos 10 mellores libros de bebidas do mundo, no prestixioso concurso GourmandAwards, de entre máis de 10.000 libros de 211 países diferentes”.

Na visita á Ribeira Sacra, o acto de presentación da guía tivo lugar no Centro do Viño de Monforte de Lemos e xunto a Paadín estivo o Presidente do Consello Regulador da D.O. Ribeira Sacra José Manuel Rodríguez González quen destacou a importancia deste tipo de publicacións que pon a Galicia no mapa, a Galicia dos viños, cun criterio serio e persoal dun grupo de xente amplo que valoran e dan unha idea xeral dos viños ano a ano. Luis Paadín pola súa parte eloxiou os caldos da Ribeira Sacra afirmando que cada ano hai máis viños e mellor elaborados e que se recibían máis premios. Referiuse ás colleitas indicando que a do 2016 estaba a piques de desaparecer do mercado e que na do 2017 hai depositadas grandes expectativas.

Tras seis edicións consecutivas, esta guía segue consolidando a súa presenza e valor no mercado grazas ao apoio de máis de 200 mecenas (restauradores, sommelieres, distribuidores, particulares, etc) que cada ano adquiren os seus exemplares mediante un sistema de reserva en primicia e aos máis de 40 catadores (sommelieres, enólogos, xornalistas e técnicos) que axudan aconfeccionala a través das catas a cegas.

Luis Paadín e José Manuel Rodríguez. Fonte: D.O. Ribeira Sacra
Luis Paadín e José Manuel Rodríguez. Fonte: D.O. Ribeira Sacra

Temas: VALDEORRAS
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Oscar M

¡¡En pleno 2018 y aún no saben lo que es un enólogo!!. ¿Y después quieren poner en valor el vino gallego?. ¿Este sujeto es Licenciado o Grado universitario en enología?. NO. ¿Tiene habilitación profesional como enólogo?. Contrasten los títulos antes de hacer titulares como estos ya que veo que, al igual que un auxiliar administrativo no es un economista, un enólogo es un Grado o Licenciado universitario en enología.