A Ruta do Viño de Valdeorras ultima a programación para a "Primavera de Portas Abertas"

Este ano celebrarase a fin de semana do 3 ao 5 de maio e a organización está rematando a programación de actividades que fagan da visita a Valdeorras unha "experiencia enoturística inesquecible".

Por Galicia Confidencial | O Barco de Valdeorras | 09/04/2024 | Actualizada ás 09:00

Comparte esta noticia

‘Primavera de Portas Abertas’ é unha iniciativa que pretende impulsar o enoturismo e dar a coñecer os territorios das diferentes Denominacións de Orixe Vitivinícolas de Galicia. No caso de Valdeorras, as xornadas que 'abren as portas deste territorio protexido' e organizan dende a asociación Ruta do Viño de Valdeorras, terán lugar a fin de semana do 3 ao 5 de maio.

Participantes nas xornadas 'Primavera de portas abertas'. Foto: Cedida pola Ruta do Viño de Valdeorras.
Participantes nas xornadas 'Primavera de portas abertas'. Foto: Cedida pola Ruta do Viño de Valdeorras.

As primeiras das cinco xornadas que se celebrarán en Galicia, inauguraranse o venres 3 de maio, a partir das 20:00 horas, no Hotel Monumento Pazo do Castro, no Barco de Valdeorras. Este ano participarán trece adegas valdeorresas que se poden visitar mediante os buses do viño ou por conta propia durante a fin de semana.

ACTIVIDADES

Os participantes poderán gozar dunha gran variedade de atractivas actividades que farán que a súa visita a Valdeorras se convirta nunha experiencia enoturística inesquencible. Entre outras experiencias, os visitantes poderán descubrir a importancia histórica da viticultura na comarca, disfrutar de showcookings protagonizados por algúns dos pratos tradicionais máis coñecidos da comarca maridados cos viños da Denominación de Orixe, saborear xantares tradicionais amenizados cos sempre divertidos cantos de taberna; ou visitar algúns dos monumentos máis importantes da provincia de Ourense, coma o santuario barroco das Ermidas ou o Castelo medieval do Bolo.

Na ‘Primavera de Portas Abertas’ tamén se poderá participar noutras divertidas actividades coma xogos participativos e ilustrativos da cultura vitivinícola, rutas en bicicleta eléctrica que rematarán cunha cata maridada nunha cova subterránea, e andainas en plena natureza que permitirán descubrir paisaxes únicos de gran beleza, como as do Parque Natural da Serra da Enciña da Lastra.

Ademais, todos aqueles que opten por gozar desta proposta a primeira fin de semana de maio, contarán tamén con ofertas en aloxamentos e menús especiais preparados nos establecementos da zona que colaboran activamente coa ‘Primavera de Portas Abertas’.

Para consultar a completa axenda destas xornadas en Valdeorras: Ruta del Vino Valdeorras e de Turismo de Galicia.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta