O presidente da asociación Ruta do Viño de Valdeorras, Joaquín Sánchez, amosou a súa total satisfacción pois superáronse as previsións de asistencia malia as condicións meteorolóxicas adversas da fin de semana. As actividades enoturísticas desenvolvéronse do 3 ao 5 de maio.
  comenta   0
O coñecido debuxante galego xa tivera un contacto anterior coa D.O. Valdeorras ao publicar no 2018 un caderno no que ilustra, con acuarelas e notas escritas, as súas vivenzas nunha vendima. A Feira do Viño será os días 1 e 2 de xuño.
  comenta   0
O xornalista pontevedrés leva moitos anos vinculado á TVE e é un dos rostros máis coñecidos dos espazos informativos da televisión pública.
  comenta   0
Este prestixioso foro de alimentación e bebidas de calidade desenvolverase en Madrid entre o 22 e o 25 de abril.
  comenta   0
Este ano celebrarase a fin de semana do 3 ao 5 de maio e a organización está rematando a programación de actividades que fagan da visita a Valdeorras unha "experiencia enoturística inesquecible".
  comenta   0
A cidade de Lugo acollerá o día 16 de abril unha parada promocional dos viños da D.O. Valdeorras. Daranse a coñecer nesta institución para todo tipo de público, pero principalmente para o sector profesional.
  comenta   0
A cidade alemá de Düsseldorf é a nova parada promocional dos viños de Valdeorras, que do 10 ao 12 de marzo poden degustarse nunha das máis prestixiosas feiras europeas do sector.
  comenta   0
O Pleno do Consello Regulador da D.O. Valdeorras vén de acordar a nova data de celebración da XXV Feira do Viño, o que supón adiantala unha semana en relación ao anunciado tempo atrás.
  comenta   0
Aqueles que visiten este prestixioso salón entre o 5 e o 7 de febreiro poderán atopar ata 26 referencias distintas no stand da Denominación de Orixe.
  comenta   0
Referencias vinícolas da comarca, maridadas con pratos elaborados a partir de produtos gastrónomicos autóctonos de Valdeorras como o botelo ou a cachucha, centraron a presentación impulsada dende a Ruta do Viño de Valdeorras no recinto feiral do IFEMA a cargo do chef José Manuel Mallón.
  comenta   0
O 18 de decembro decidíase no Pleno do Consello Regulador que os caldos do territorio amparado estiveran presentes na Feira Vinexpo, unha das máis relevantes de Europa e que se celebrará entre o 12 e o 14 de febreiro.Tamén se falou da vindeira Feira do Viño, que no 2024 chegará á súa 25 edición.
  comenta   0
O Consello Regulador da D.O. Valdeorras vén de presentar unha acción publicitaria centrada no potencial dos seus viños, especialmente o godello, baixo o lema "o Godello é de Valdeorras, e agora tamén é teu". Un spot publicitario, rotulacións en autobuses de liñas nacionais ou a presenza en podcasts e televisións dixitais, forman parte da estratexia promocional.
  comenta   0
Trátase de “Sorte O Soro 2021” da bodega Rafael Palacios e foi escollido entre centos de mostras analizadas e puntuadas pola prestixiosa revista de viños "The Wine Advocate".
  comenta   0
Os viños deste territorio protexido foron protagonistas dun Showroom celebrado os días 6 e 7 de novembro no Hotel Finisterre da Coruña e que contou con diversas actividades orientadas a público especializado e xeralista.
  comenta   0
En opinión de José Ramón Rodríguez Castellanos, presidente da D.O., os datos amosan que o territorio amparado “segue a medrar” e que “o interese polo godello aséntase como un dos piares do fortalecemento de Valdeorras”.
  comenta   0
Este corpo de seguridade tiña coñecemento de que unha persoa residente no Barco estaba a entregar uva foránea en varias adegas e que este produto estaba almacenado nunha nave de localidade.
  comenta   0
Un grupo de alumnos e alumnas do XI Curso Superior de Sumiller Profesional, impartido polo Instituto Galego do Viño, vén de realizar unha visita ao territorio amparado da D.O. Valdeorras co obxectivo de coñecer in situ o seu potencial enolóxico.
  comenta   0
As altas temperaturas destas semanas fixeron que se adiantase a recollida da uva respecto doutros anos. Adegas da D.O. Valdeorras como María Teresa Fidalgo ou Bodega Sampayolo vendimaron este domingo 20 uvas da variedade godello.
  comenta   0
A visita do presidente da Xunta, Alfonso Rueda, o pregón de Manuel Jabois, e a visita dun grupo de prensa especializada déronlle tamén un pulo importante para que o evento teña máis repercusión mediática.
  comenta   0
Así comezou a XXIV Feira do Viño de Valdeorras na praza barquense de Viloira, acto que contou coa presenza do Presidente da Xunta, Alfonso Rueda, entre outras autoridades. Na súa intervención, o Presidente da D.O. sinalou que o ámbito vitivinícola "goza de boa saúde" e "encara o relevo xeracional" con iniciativas e apoio das administracións.
  comenta   0
Será este vindeiro sábado 8 de xullo na Praza de Viloira do Barco de Valdeorras. O pregón, previo ás intervencións institucionais, correrá a cargo do xornalista e esritor Manuel Jabois.
  comenta   0
O Consello Regulador da D.O. Valdeorras convidará a xornalistas especializados de diferentes puntos do Estado para que coñezan o territorio amparado. A edición da mostra deste ano será os días 8 e 9 de xullo e vén de presentarse no Barco de Valdeorras.
  comenta   0
“Estamos expectantes por coñecer o que ten que dicir sobre o godello e sobre o resto de variedades da nosa denominación de orixe", comenta o presidente do Consello Regulador, José Ramón Rodríguez.
  comenta   0
A iniciativa é da Asociación Ruta do Viño de Valdeorras e terá lugar o 22 de outubro. Polo momento van 42 persoas inscritas.
  comenta   0
Seis foron distinguidas cun 'Baco de Ouro', tres cun 'Baco de Prata', e co Gran Baco de Ouro foi recoñecido A Coroa Godello, da Adega A Coroa.
  comenta   0
O Salón do Viño e Licores Galegos de Calidade celebrarase en Expourense os días 5 e 6 de xuño. Contará coa participación de 64 expositores e un túnel de caldos e espirituosos con 116 referencias.
  comenta   0
Un total de 578 personas, un 28% más con respecto a 2022, chegaron a Valdeorras a pasado fin de semana para gozar das actividades propostas pola entidade dinamizadora do turismo enolóxico na zona.
  comenta   0
Ao longo de toda a fin de semana máis de 600 persoas visitaron a comarca de Valdeorras atraídas pola acción que promove a Axencia de Turismo da Xunta de Galicia en colaboración coa Ruta do Viño de Valdeorras, entidade asociativa dinamizadora deste destino enoturístico.
  comenta   0
A loxística forma parte da organización da "Primavera de Portas Abertas da Ruta do Viño de Valdeorras" para facilitar a chegada de visitantes. O 27 de abril fíxose público este dato e tamén as actividades que se lle ofrecerán entre os días 5 e 7 de maio.
  comenta   0
O presidente do CRDO Valdeorras, José Ramón Rodríguez Castellanos, dixo que "asume con ilusión” a organización da que será a súa primeira feira do viño como máximo responsable do organismo vitivinícola.
  comenta   0
A iniciativa que impulsa Turismo de Galicia busca poñer en valor os diferentes territorios amparados como destinos enoturísticos. A Denominación de Orixe Valdeorras abrirá as súas portas do 5 ao 7 de maio.
  comenta   0
Reunión institucional dos presidentes da D.O. Valdeorras e a Deputación de Ourense.
  comenta   0
As xornadas, que mergullarán ao visitante en Valdeorras, desenvolveranse do 5 ao 7 de maio e contemplan actividades de carácter turístico, cultural, gastronómico e deportivo.
  comenta   0
Celebraron o primeiro pleno o pasado 28 de marzo expoñendo os eixos vertebradores do seu mandato: máis promoción e busca de novos mercados, aposta pola calidade e o control da orixe e apoio permanente ao sector vitivinícola.
  comenta   0
15 adegas da comarca enviaron mostras dos seus viños para que poidan ser degustados en Prowein, feira internacional de viños e bebidas espirituosas que se está a celebrar en Düsseldorf do 19 ao 21 de marzo.
  comenta   0
Está vinculado á Bodega Joaquín Rebolledo S.A. e a sesión na que foi nomeado foi presidida por José Luis Cabarcos, director da Axencia Galega de Calidade Alimentaria (AGACAL) dependente da Consellería do Medio Rural.
  comenta   0
Déronse a coñecer nunha degustación organizada baixo o paraugas da marca “Experiencia Verema”.
  comenta   0