Temas: INCENDIOS LUMES

En Marea acusa a Feijóo de gastar 70.000 euros nos grandes medios para "mentir" sobre os lumes

A conselleira asegura que o Goberno galego xa traballa para evitar que se produza unha nova vaga de incendios.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 05/12/2017 | Actualizada ás 18:03

Comparte esta noticia

O deputado de En Marea Davide Rodríguez reprochou este martes ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, que gastase 70.000 euros en "imprimir" en todos os xornais unhas palabras "precipitadas" e "falsas" sobre a orixe dos incendios que arrasaron Galicia en outubro; ante o cal a conselleira de Medio Rural, Ángeles Vázquez, mantívose na versión de que existe o "terrorismo incendiario".

Loita contra o lume en Zamáns (Vigo), en plena onda de incendios en Galicia a mediados de outubro de 2017
Loita contra o lume en Zamáns (Vigo), en plena onda de incendios en Galicia a mediados de outubro de 2017 | Fonte: Miguel Núñez.

"Mentiu", sentenciou o parlamentario da formación rupturista ante o pleno da Cámara, para enumerar unha retahíla de sinónimos da palabra "mentireiro" e acusar so presidente de falar "sen ter ningunha proba" de que existe unha trama dedicada a queimar o monte en Galicia.

"¿Como se atreve a dicir que o presidente mentiu?", respondeulle a conselleira, quen insistiu en que quen prenden lume deliberadamente son "terroristas" porque pon en risco a natureza e as vidas humanas. "Eu non dubido en consideralos terroristas, defendereino unha e mil veces", recalcou, pero puntualizou que a Xunta non falou de que houbese "unha trama" organizada.

Pero máis aló de que os incendiarios actúen "de forma individual ou en grupo", despois de que Rodríguez alertase de que "o problema é o estado do monte e o despoboamento do rural", Vázquez aseverou que a Xunta traballa para evitar que se produza unha nova vaga de incendios.

A Xunta pagou a varios xornais por publicidade a toda páxina coa declaración institucional de Feijóo sobre os incendios.
A Xunta pagou a varios xornais por publicidade a toda páxina coa declaración institucional de Feijóo sobre os incendios.
Temas: INCENDIOS LUMES
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

3 vaiches

Agasallos ós seús amigos ( dos medios corruptos e subvencionados) para tapar a súa inutilidade e incompetencia

2 triste marea podre

TARDARON UN MES EN ENTERARSE!!!!- abadcadadfsafdsfsfffsasfsfasfasfasfasfafafasfasfsafsfsaffsfsffsfsfasfasfsfsfsfsffsfsfsfasfsafsafsffsfsafsafasfasfsfasfafjsafjasfkjasfjfklasjfksmfklsfslfjaojsfjfjsfjaslkfjsfjsafjsfjsklfjsklfjfjfjfjlghhasfhlfjasfljsfsjflasjfsjfklasfjsaljfslkfjalkjflasfjalkfjaslfjlaskfjasklfjsalfjaslkfjaslfjalfjaslfjasjlkfjklasfjslakfjsalfjsalfjaslfjaslfjlfjaslfjlasfjlasfjalfjsljflasfjlsfjal

1 Natasha Rostova delasRestrevas

En Marea... Son estes aos que apoia Beiras, non? Ata seica dicían nunha época que había nacionalistas e tal... https://www.lavozdegalicia.es/notic...