Temas: FERROL

Temas de soul, rock'n' roll ou pop nun ciclo de música en Ferrol

Os concertos terán lugar os días 1 e 15 de decembro e o 4 de xaneiro no marco da mostra «Sonoro empeño. A música nas coleccións ABANCA e Afundación». As entradas, que inclúen unha visita guiada á exposición, pódense adquirir en Ataquilla.com.

Por Galicia Confidencial | Ferrol | 30/11/2017 | Actualizada ás 11:17

Comparte esta noticia

Afundación organizou un ciclo musical conformado por tres concertos que se desenvolverá na súa sede de Ferrol como complemento á exposición «Sonoro empeño. A música nas coleccións ABANCA e Afundación» que alberga na actualidade ese mesmo espazo. Máis de 2500 persoas xa gozaron desta mostra que prolongou a súa estancia ata o 20 de xaneiro debido á súa boa acollida. As entradas para estes recitais pódense adquirir na web Ataquilla.com e inclúen unha visita guiada pola mostra. 

Hilda Rock & Álvaro Lamas
Hilda Rock & Álvaro Lamas | Fonte: ataquilla.com

O primeiro concerto será o venres 1 de decembro, ás 20.30 h, a cargo do dúo Soul&Swing conformado pola cantante Noelia Santos e Roberto Pérez á guitarra, quen ofrecerá versións de clásicos atemporales do soul, do swing e do pop.

Hilda Rock & Álvaro Lamas ofrecerán o segundo concerto o venres 15 de decembro, a partir das 20.30 h, no que tocarán ao estilo americano con xéneros como o country, rockabilly ou rock’n’ roll, realizando versións de temas de artistas como Elvis Presley, Nancy Sinatra, Amy Winehouse ou Imelda May. 

Finalmente, pechará este ciclo o proxecto vocal «Concerto tempo» o xoves 4 de xaneiro, ás 20.30 h, cun Concerto de Aninovo. Trátase dunha agrupación coral dirixida por José Antonio García e cuxos membros contan cunha completa formación musical. Entre os seus logros destacan a obtención do Primeiro Premio e Premio á mellor interpretación no V Certame Nacional Coral de Infiesto (Asturias) ou a súa participación na interpretación de Carmina burana xunto á Orquestra Sinfónica de Galicia. 

EXPOSICIÓN “SONORO EMPEÑO”

A través de pezas asinadas por artistas como Menchu Lamas, Eva Carrera, Luis Caruncho, Buciños, Luis Seoane, Elena Gago, Laxeiro, Carlos Maño, Xaime Quesada ou Rafael Úbeda entre outros, esta exposición pretende ilustrar as semellanzas e puntos de encontro entre as artes temporais e as artes espaciais, clasificando as obras seleccionadas en catro seccións que abordan o tema desde diferentes perspectivas. 

O primeiro tramo dos catro trata a música como motivo iconográfico, é dicir, mostra a representación visual de escenas ou instrumentos musicais. A sinestesia, ou a utopía de formular unha pintura auditiva ou unha música visual, aparecen na sigunda sección e na terceira pódese observar a representación pictórica de festas e danzas, presente desde as máis temperás manifestacións artísticas.

Finalmente, a cuarta sección está formada por obras que abordan a música vinculándoa coa infancia, e por tanto, ligándoa con ideas de inocencia, espontaneidade e candidez e instrumentos de timbre doce.

Temas: FERROL
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta