Así quedou a fervenza de Fridauga, totalmente arrasada polo lume

Un vídeo mostra a magnitude do incendio que calcinou boa parte do monte Xiabre, no concello de Caldas de Reis.

Por Galicia Confidencial | Caldas de Reis | 20/10/2017 | Actualizada ás 09:36

Comparte esta noticia

A fervenza de Fridauga, no monte Xiabre (Caldas de Reis), quedou arrasada polo incendio do pasado día 15 que queimou toda unha ladeira, na vaga de lumes que calcinou 35.500 hectáreas en Galicia en pleno mes de outubro.

Fervenza de Fridauga no monte Xiabre queimada pola vaga de lumes que arrasou 35.500 hectáreas en Galicia en pleno mes de outubro.
Fervenza de Fridauga no monte Xiabre queimada pola vaga de lumes que arrasou 35.500 hectáreas en Galicia en pleno mes de outubro.

O lume orixinouse pouco despois das 20.00 horas do domingo na parroquia de Saiar e unha hora máis tarde rexistrouse un segundo foco preto do parque eólico de Xiabre.

O forte vento que sopraba dificultou os labores de extinción do incendio e avivou as chamas, que se estenderon rapidamente ladeira arriba en dirección a Catoira.

Minutos despois iniciouse un novo lume na zona da Armenteira, na parroquia de Fofán, en Meis, que se estendeu ao municipio veciño de Meaño.

Houbo, ademais, chamas próximas ás vivendas e a densa fumareda afectou á autovía do Salnés dirección Pontevedra.

As imaxes deste vídeo enviado a GC da fervenza de Fridauga totalmente calcinada falan por si soas da magnitude da destrución.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta