Temas: TEATRO

Teatro do mellor en Carballo, nas salas pero tamén nun lavabo

O Fiot, o Festival Internacional Outono de Teatro, unha das citas máis importantes das escena galega, aborda a súa recta final cunha programación ateigada de propostas consolidadas pero tamén de innovacións escénicas.

Por Galicia Confidencial | Carballo | 09/10/2017 | Actualizada ás 11:35

Comparte esta noticia

Na programación de sala, esta semana haberá tres obras. O venres será o turno de “El Ciclista Utópico”, co produción de Feelgood Teatro e Emilia Yagüe protagonizada por  Fran Perea e Fernando Soto. Premio de Literatura Dramática Fundación Teatro Calderón, é unha comedia mordaz e descarnada sobre a amizade, a manipulación e os desexos ocultos.

Cartel do FIOT 2017
Cartel do FIOT 2017

O sábado será o turno para "Resaca", un intento de indagar na memoria dunha xeración que busca o seu lugar nun mundo en proceso constante de transformación e crise. de ilMaquinario Teatro, acompañía galega que en tan só cinco anos foi recoñecida con cinco María Casares, candidata aos Max e consolidouse como unha das de maior proxección nacional.

O domingo Ysarca e Teatro de la Abadía presentan "Incendios" unha traxedia contemporánea chea de evocacións clásicas cun  reparto de luxo, encabezado pola extraordinaria Nuria Espert. 

Os aseos do Pazo da Cultura acollerán o sábado “Váter (comedia claustrofóbica)”. Dez espectadores poderán contemplar a Xurxo Barcala e Borja Salgado nunha comedia sobre un crego e un fontaneiro que quedan atrapados no lavabo dunha sacristía.

O mércores será o Fiotiño, o espazo para que os máis cativos coñezan os segredos das táboas por dentro. Hai 25 prazas dispoñíbeis.

El Ciclista Utópico
El Ciclista Utópico

Venda de entradas

A venda de entradas estará dispoñible en internet a través da plataforma www.ticketea.com, na web oficial do festival www.fiot.gal e da súa páxina de Facebook. Tamén poderán adquirirse de forma anticipada no teléfono 902 044 226 e na billeteira do Pazo da Cultura o mesmo día da función.

Temas: TEATRO
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta