A adaptación ao teatro da novela El Pintor de Batallas, de Arturo Pérez Reverte, chega este domingo a Santiago

Unha década despois da publicación da novela El Pintor de Batallas, do escritor e xornalista Arturo Pérez Reverte, este texto sobre a vinganza toma forma teatral e chega ao Auditorio de Galicia, en Santiago, este domingo ás 20,30 horas.

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/10/2017 | Actualizada ás 16:14 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

Unha década despois da publicación da novela El Pintor de Batallas, do escritor e xornalista Arturo Pérez Reverte, este texto sobre a vinganza toma forma teatral e chega ao Auditorio de Galicia, en Santiago, este domingo ás 20,30 horas.

Adaptación ao teatro da novela O Pintor de Batallas
Adaptación ao teatro da novela O Pintor de Batallas | Fonte: Europa Press

Faino baixo a dirección de Antonio Álamo, nunha representación producida por Emilia Yagüe Producións; Minestrone Produción e Xestión Cultural; Masca Produción; e Teatro Calderón de Valladolid, en colaboración co Inaem (Ministerio de Cultura e Deporte) e a Comunidade de Madrid.

Os papeis protagonistas na peza, tal e como indicou o Concello de Santiago nun comunicado, son representados polos actores Jordi Rebellón, coñecido polo seu paso por varias series televisivas, e Alberto Jiménez, quen participou en películas como El bola e Mar Dentro.

En concreto, El Pintor de Batallas retrata o encontro de dous vellos coñecidos: o pintor e fotógrafo de guerra Faulques, a quen dá corpo e voz Jordi Rebellón, e Ivo Markovic, un sobrevivente da batalla de Vukovar a quen o primeiro retratou tempo atrás co seu obxectivo e a quen interpreta Alberto Jiménez.

As entradas, que teñen un custo de 16 euros, pódense adquirir no Teatro Principal, no Auditorio de Galicia --o día do espectáculo-- e en entradas.abanca.com.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta