A Xunta promete ser "contundente" ante a "reincidencia" e as "reiteradas infraccións" das navieras que van a Cíes

Responsabiliza ás empresas dos prexuízos causados e lembra que foron advertidas varias veces do exceso de cota

SANTIAGO DE COMPOSTELA | 21/08/2017 | Actualizada ás 13:39 por EUROPA PRESS

Comparte esta noticia

A Xunta de Galicia confirmou este luns a apertura de varios expedientes sancionadores contra as navieras que operan liñas ás illas Cíes por exceso de venda de billetes, e prometeu ser "contundente" dada a "reincidencia" das empresas.

Estación retirada billetes Illas Cíes
Estación retirada billetes Illas Cíes | Fonte: Europa Press

Así o trasladou, en declaracións aos medios, a directora xeral de Patrimonio Natural da Consellería de Medio Ambiente, Ana María Díaz López, quen explicou que as navieras foron advertidas en varias ocasións de que incorreran nun "exceso" de venda de billetes, e que estaban por encima da cota permitida (2.200 visitantes diarios e 800 campistas).

Díaz López relatou que este "exceso" foi detectado os días 3 e 5 de agosto, e que se incoaron os correspondentes expedientes sancionadores tras advertir ás navieras. Así mesmo, o pasado 19 de agosto volveuse a repetir a situación "e avisóuselles por correo electrónico e por whatsapp" de que non se ía a permitir que o domingo desembarcasen máis persoas que as que establece a cota.

A directora xeral xustificou esta decisión para garantir a protección e preservación do espazo natural, e tamén pola seguridade dos propios visitantes. "A seguridade das persoas é absolutamente vital. Exceder a cota pode comprometer a seguridade das persoas no caso de que haxa un incidente", subliñou, á vez que lamentou os prexuízos causados aos afectados, dos que responsabilizou ás empresas.

"Coñecían a norma, apelamos á súa responsabilidade pero esa responsabilidade non foi recíproca", proclamou, e insistiu en que a limitación de viaxeiros a Cíes non é unha condición nova, senón que "a cota foi establecido xa en 1994".

SANCIÓNS

Polas "reiteradas advertencias" e pola "reincidencia" dalgunha das navieras, Ana María Díaz López prometeu que a Xunta vai ser "contundente" nos procesos sancionadores. "A Consellería vai aplicar o réxime sancionador con toda dureza e ata as últimas consecuencias", reiterou, e lembrou que esas sancións poden ir desde 3.000 a 200.000 euros.

Segundo lamentou, a actuación das navieras "dana" a imaxe do Parque Nacional e tamén entorpece o turismo sustentable neses espazos, ademais dos incovenientes que sufriron os viaxeiros.

Finalmente, a directora xeral confirmou que, xa o pasado 2016, abríronse varios expedientes sancionadores por sobreventa de billetes e outras supostas irregularidades. No que vai de 2017 hai 26 denuncias, que acabaron cos procesos incoados polo ocorrido o 3 e o 5 de agosto; máis as denuncias que se prevén polos problemas do pasado fin de semana.

Algún erro? Nota editorial
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta