GC Aberto
Temas: VIGO

Indiferencia ao maltrato infantil en Vigo

O día 20 de maio do 2017, sobre as 13 horas, estaba na fila da caixa de H&M do C.C. Gran Vía de Vigo. Unha nena de tres anos dixo que tiña fame. Un home que estaba detrás de min, contestoulle que se tiña que aguantar.

Por isolina | Vigo | 30/05/2017

Comparte esta noticia

A nena dixo que necesitaba comer e a resposta foi que comera un zapato ou a flor que levaba na camiseta. A nena  dixo que se atopaba mal: “pregúntale a tu madre”. A nai estaba como dúas persoas diante de min: non dixo nada, non fixo nada. A nena, desolada, foise para a caixa do extremo oposto e sentou no chan.

O home, que estaba detrás de min, dirixiuse onde estaba ela.  A nena tentou axudar a un bebé  dun ano aproximadamente, que estaba no chan.  O maltratador arrebatoullo bruscamente e, berrando, comezou a proferir ameazas:  “ “hoy no vas a comer”; “vas ter que comer os zapatos e a flor da camiseta”. A nai pagou e marcharon os catro. Nunca vou esquecer a expresión de horror, abandono e desamparo  daquela nena.  Por outro lado, eu estaba horrorizada coa indiferencia das máis de vinte persoas que o presenciaron: clientes e traballadores.

Eu fixen algún comentario reprobatorio pero, sentíame estupefacta pola reacción da xente: eran como bonecos…..alleos a todo, ollando para outro lado. Cheguei a pensar se sería real o que estaba presenciando. Pensei  achegarme á nena e axudala pero, ao ser menor e estar coa nai, non me sería permitido… ..finalmente, presentei   unha denuncia na comisaría de policía. A policía considerou que se trataba dun caso de maltrato infantil verbal e psicolóxico. Dixeron que as gravacions do móvil serven de proba. Despois, pensei que podía ter chamado á policía no momento dos feitos……

O 20 de maio do 2017, todos os que estábamos alí fomos maltratadores dunha nena de tres anos

Temas: VIGO
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

2 Gamela

a escena é noxenta e sen dúbida merecera o reproche dos bonecos que estabades mirando a escena sen abrir a boca... pero sobre "maltrato infantil" teño eu outra versión máis ChupyGuay e igualmente terrorífica... Claro que está contada en "español" e igual así non traspasa a epidermis dalgúns puristas que sempre miran o continente sen baixar aos contidos da cousa... https://goo.gl/eL3PBz

1 Yayy

Que vas a esperar de un español hablante unos mi se tos se ha mbre

1 E.G

Nom había unha nena caprichosa nin unha reprimenda.A actitud do home era francamente agresiva hacia a nena aterrorizada.Viu que ninguén lhe dicía nada e comezou a acosar e agredir verbalmente à nena. O triste é que mulheres e nais prefiran vivir no mundo Disney que nos coloniza, e ignorar a realidade.