Temas: MúSICA

O cantautor arxentino Alberto Cortez chega a Galicia coa súa xira «El regreso»

O cantautor internacional Alberto Cortez ofrécenos, a través dunha especial posta en escena, unha moi exclusiva selección do seu repertorio, interpretado do modo máis intimista posible, tan só a voz e piano.

Por GC Tendencias | Vigo | 20/05/2016 | Actualizada ás 13:48

Comparte esta noticia

O Teatro Afundación de Vigo (Policarpo Sanz, 13) acollerá hoxe venres, 20 de maio, ás 20.30 h, un concerto do cantautor arxentino Alberto Cortez, enmarcado dentro da súa xira «El regreso» coa que volve aos escenarios tras tres anos de descanso. 

Alberto Cortez
Alberto Cortez

«Un espectáculo concibido para chegar directamente ao corazón e á alma: Cortez en estado puro», así se presenta a nova xira deste intérprete, compositor e poeta.  As entradas pódense adquirir a través da web de Ataquilla.com, dende só 18 euros. 

 

Así, cunha especial posta en escena, Cortez presentará unha exclusiva selección do seu repertorio, interpretado a voz e piano, na que destacan cancións tan esenciais da súa carreira musical como El abuelo, Callejero, Mi árbol y yo, Castillos en el aire, En un rincón del alma ou Las palmeras, entre moitas outras. 

Temas: MúSICA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta