Temas: MúSICA

II edición do Festival Músicas para a Semente

Guadi Galego e Roberto Cribeiro, Olga Brañas e Andrea Picos de Pitusa Semifusa e presentación do CD “Músicas para a Semente”, Este é o menú musical que prepara a escola en galego de Trasancos para este domingo.

Por GC Tendencias | Narón | 10/02/2016 | Actualizada ás 08:20

Comparte esta noticia

A presentación correrá a cargo de Leandro Lamas  e a actriz Sílvia Casal e sortearase entre os asistentes un cadro do deseñador  ferrolán “Juanlu”.

Gaudi Galego nunha imaxe promocional de Folmusica
Gaudi Galego nunha imaxe promocional de Folmusica

No 2015 a asociación Semente Trasancos avisou: nacía un festival de música  para todas as idades e viña para quedarse. O diñeiro recadado destinarase ao  proxecto de Semente Trasancos, un espazo para crianzas até seis anos que leva a  funcionar desde o mes de  utubro en Narón e onde o galego é a lingua vehicular.

Para manter o espazo en Ferrolterra moitas son as iniciativas que de maneira  solidaria xorden ao redor do proxecto. O Festival é unha máis e, coma sempre, desde a Asociación ven coma persoas de diferentes ámbitos aportan o seu gran de  area ao proxecto que está funcionar noutros lugares como Vigo e Compostela e que  entre todos conforman a Rede de Escolas de Ensino Galego.

As entradas pódense mercar no Muíño do Fabal en Narón, na Fundaçom Artábria  en Ferrol e no bar futbolín e o Varadoiro en Pontedeume; ademais despacharanse  a partires das 17:30 o mesmo día do festival. A entrada é de balde para os menores  de sete anos. As prazas son limitadas.

Temas: MúSICA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Aia

Estarán Guadi galego e roberto cribeiro, pitusa semifusa e as cantareiras que elaboraron o CD "músicas para a semente" que tantos éxitos de venda está a ter