Temas: MúSICA

Xoel López presenta a vindeira semana en Vigo o seu novo disco

Paramales é o título do decimo terceiro álbum na carreira do artista coruñés, ex-líder da banda De Luxe. As entradas pódense adquirir xa através da Internet.

Por GC Tendencias | A Coruña | 30/11/2015 | Actualizada ás 23:00

Comparte esta noticia

O  vindeiro sábado, 12 de decembro ás 21.00h no Teatro Afundación de Vigo, haberá concerto do novo álbum de Xoel López. Composto por trece cancións gravadas nos Estudios Reno de Madrid, Paramales é un paso máis cara ao son contemporáneo característico do artista galego que rescata a súa etapa mod e o seu gusto polo soul e combínaos coas súas xa habituais guitarras españolas e atrevidos xogos de riffs. 

Xoel López
Xoel López

No seu directo acompañarano seis músicos, entre os que se atopan Miguel Rivera (Maga), Charlie Bautista (Russian Red, Christina Rosenvinge) ou Iván González-Chapo (M Clan, Amaral). As entradas pódense adquirir a través das canles habituais de venda de Afundación, como por exemplo en  Ataquilla.com.

Xoel López

Nado na Coruña en 1977, é considerado un dos artistas máis representativos e influentes da nova canción española. Publicou un total de trece álbums na súa carreira como músico, dos cales Paramales é o segundo en solitario, e ten actuado en diferentes escenarios do panorama español así como en San Francisco, Nova York, Colombia, O Uruguai e Venezuela, entre moitos outros.

Xoel López
Xoel López
Temas: MúSICA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta