"Sen xornalistas non hai xornalismo, sen xornalismo non hai democracia"

A APSC/FAPE celebra o patrón dos xornalistas homenaxeando os socios máis veteranos.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 25/01/2024 | Actualizada ás 12:07

Comparte esta noticia

Os xornalistas Benxamin Vazquez, Luis Perez, Luis Celeiro, Xose Manuel Cambeiro, Xose Ramón Pousa, Carme Prado, David Formoso e Isabel Fernández foron recoñecidos este mércores pola Asociación de Prensa de Santiago de Compostela que, nun acto, reivindicou os principios da profesión e destacou as conclusión do Informe 2023.

Micrófono, xornalismo
Micrófono, xornalismo | Fonte: Arquivo

Este 24 de xaneiro de 2024 celebrouse no Centro Internacional de Prensa de Galicia a festividade de San Francisco de Sales, patrón dos xornalistas, con unha serie de eventos conmemorativos que foron seguidos dende Santiago de Compostela e transmitidos a toda España.

A Asociación de Periodistas de Santiago de Compostela (APSC/FAPE) organizou a xornada que incluíu a transmisión en directo vía dende Madrid do "Informe da Profesión Periodística 2023" presentado polo profesor Francisco Serrano, director do IPP, da Asociación da Prensa de Madrid, coa participación da nova presidenta da APM a galega, María Rey. 

Tamén este ano rendeuse homenaxe aos oito membros máis veteranos coa entrega de diplomas SOCIOS-DECANOS, que  levan afiliados mais de corenta anos a Asociación da Prensa de Santiago, herdeira do diario “La Noche” e que son Benxamin Vazquez, Luis Perez, Luis Celeiro, Xose Manuel Cambeiro, Xose Ramón Pousa, Carme Prado, David Formoso e Isabel Fernández.

O evento pechouse cun reforzo da mensaxe de que "Sen xornalistas non hai xornalismo, sen xornalismo non hai democracia", lembrando a importancia vital dos medios de comunicación libres e independientes para o mantemento dunha sociedade democrática. Ademais, a APSC/FAPE subliñou o seu compromiso continuo coa defensa da liberdade de prensa e a promoción da alfabetización mediática.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta