Ana Pontón destacou que "grazas ao BNG, en Bruxelas falouse do lácteo, das rías, emigración, da fuga de talento, do corredor atlántico ou a eurorrexión Galicia-Norte de Portugal, de memoria histórica, dun modelo alternativo enerxético, da defensa dos dereitos sociais e da defensa da lingua e cultura".
  comenta   0
A Fiscalía sinala que o procesado, "con ánimo libidinoso", puxo a súa man sobre a pube da muller, que reaccionou virándose e dándolle as costas. Momentos despois, o home insistiu e volveu tocala nas súas partes íntimas, apartando as bragas e fregándolle o clítoris.
Entre as reclamacións dos manifestantes atópase a demanda dun plan de rexeneración e saneamento das rías e un plan de continxencias, que permita ter unha "cobertura fiable fronte a incidencias de longo prazo" como a que están a vivir.
  comenta   0
O portavoz de Xustiza e Deporte do Grupo do BNG, Iago Tabarés, anunciou que formación rexistrou unha petición de creación de comisión de investigación no Parlamento de Galicia sobre a contratación durante a pandemia por parte da Xunta, "ante a negativa" ata agora de abordar esta cuestión por vontade propia dos populares.
  comenta   0
A alcaldesa de Santiago está convencida de que a o apoio á líder do BNG "vai seguir medrando" en sucesivas citas electorais. "Nós imos a por todas, non nos poñemos teito e imos seguir medrando. Estou moi segura", di.
  comenta   3
Preto dun cento de persoas concentráronse desde as 19.00 horas deste xoves en Ferrol para reclamar o indulto para o exsindicalista Xesus Anxo López Pintos nunha mobilización convocada polas organizacións CIG, CCOO, CGT e UGT e que se desenvolveu ante o edificio da Xunta, na praza de España.
  comenta   0
Amigos da Terra, Ecoloxistas en Acción, Greenpeace, SEO/BirdLife e o Fondo Mundial para a Natureza (WWF) pediron aumentar estes criterios con respecto aos recolleitos no borrador de Real Decreto que regula a produción de enerxía eólica mariña.
  comenta   0
Así o manifestaron algúns dos letrados da defensa na segunda sesión do xuízo, tras coñecer nas últimas horas a petición desta testemuña, que se atopa en situación de baixa médica, e apuntaron que esta situación podería alongarse polo menos un mes.
  comenta   0
Aseguran que viviron "en shock" esa noite. Os acusados din que as relacións foron consentidas e unha dela denunciou para "ocultar a infidelidade" á parella.
Aínda que sen mencionar expresamente o nome de Ence, Greenfiber defendeu nun comunicado que "non se poden comparar dous informes elaborados con seis anos de diferenza e para proxectos completamente diferentes", á vez que subliña que "o estudo da outra fábrica de Galicia non está actualizado".
Preto dun milleiro de brigadistas fixos descontinuos incorpóranse desde este martes aos seus postos por un período de sete meses. Ata agora, desempeñaban o seu traballo durante seis meses, pero este ano ampliará un mes máis o seu servizo. Irán incrementando os seus contratos ata o nove meses en 2026.
  comenta   0
O presidente fala de que haberá "concentracións" nalgunhas Consellerías ante a separación doutras. O que si aclarou é que non seguirá os seus pasos en forzar a todos os conselleiros a deixar a súa acta parlamentaria como si fixo o seu antecesor en 2009 (o que lle incluíu a el mesmo).
  comenta   0
A decisión tomárona tras avaliar a evolución da situación meteorolóxica e unha vez analizados os diferentes indicadores técnicos que inciden no risco de lume.
  comenta   0
As forzas de seguridade detiveron en abril de 2020 aos 15 tripulantes do MV Karar, un deles galego e o resto de Nepal e Bangladesh; e posteriormente a outras trece persoas en terra, entre quenes estaban un funcionario do Servizo de Vixilancia Aduaneira e a súa muller. O considerado xefe da organización, Santórum, deuse á fuga.
  comenta   0
Besteiro desexou "sorte" a Rueda e agardou "que pasados catro anos vexamos que se aproveitaron as oportunidades e que non foi unha lexislatura de oportunidades perdidas".
  comenta   0
Un deles, de nacionalidade española, levou a unha das mulleres a unha habitación, onde a empuxou con forza e tirouna na cama. Tras iso, púxoselle encima, apertoulle o pescozo para neutralizar a súa defensa e penetrouna vaxinalmente. O outro dos acusados, nacido en Honduras, avalanzouse sobre a outra muller no sofá do salón, onde lle subiu o vestido e, tras varios tocamentos, introduciulle o pene na vaxina.
A organización ecoloxista ADEGA di que a Xunta coñecía a presenza de especies ameazadas no espazo ocupado por Altri e evitou protexelo. "A cousa pode ser aínda máis grave, porque ao desbaldimento de cartos públicos podería engadirse tamén o delito ambiental por inacción dolosa", asegura.
  comenta   1
Sendo xuíz na vila d´A Estrada don Fermín Bouza Brey tomou a decisión de estudar unha segunda carreira, Filosofía e Letras. Foi o primeiro alumno da Universidade de Santiago de Compostela que fixo o exáme escrito en lingua galega en 1931. Enumerar outros exemplos sobardaría o espazo concedido para a publicación deste artigo.
  comenta   0
Recoñeceu ser autor do disparo mortal, aínda que aclarou que actuou en lexítima defensa, porque a vítima se presentou no seu domicilio armado cunha machada e ameazándoo.
"A Xunta non abríu aínda a boca para explicar porque pasou de 2.500 a 300 empregos ou porque se declarou proxecto estratéxico", di.
  comenta   0
A Mesa tramitou 1.129 expedientes o pasado ano diante de entidades públicas e privadas en defensa do dereito ao uso do galego. Entre as empresas privadas, Vodafone e Naturgy son as máis demandadas.
  comenta   0
O Teatro Principal acollerá o acto de recoñecemento e entrega das medallas de Ouro da cidade e os títulos de fillos predilectos ou adoptivos.
  comenta   0
En rolda de prensa, instaron á Consellería de Sanidade a presentar "un traballo con validez clínica" para demostrar o correcto funcionamento deste plan, que consideran que "non cumpre as condicións éticas e deontolóxicas" e "vulnera o dereito á confidencialidade e a seguridade dos pacientes".
  comenta   0