Quedan prohibidas desde este luns as queimas agrícolas e forestais de particulares ata novo aviso

A decisión tomárona tras avaliar a evolución da situación meteorolóxica e unha vez analizados os diferentes indicadores técnicos que inciden no risco de lume.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/04/2024 | Actualizada ás 14:34

Comparte esta noticia

A partir deste luns a Xunta prohibiu as queimas de restos agrícolas e forestais realizadas por particulares ata novo aviso, o que implica que non darán máis permisos e os xa concedidos quedarán en suspenso. Segundo informou o Executivo galego, quedan excluídas desta prohibición as queimas controladas que executa o servizo de prevención en defensa contra os incendios forestais debidamente planificadas e dispondo dos medios de extinción precisos.

A decisión tomárona tras avaliar a evolución da situación meteorolóxica e unha vez analizados os diferentes indicadores técnicos que inciden no risco de lume. Tamén, detallou a Xunta, tendo en conta que a normativa prohibe as queimas cando as condicións meteorolóxicas poidan dificultar o seu control.

A Consellería do Medio Rural solicitou a colaboración da cidadanía para que extreme as precaucións e denuncie calquera actividade delictuosa incendiaria da que teñan coñecemento, xa que desde este luns e ata novo aviso non está permitido o uso do lume para ningunha actividade agrícola e forestal para particulares.

Queima de restos agrícolas
Queima de restos agrícolas | Fonte: GC - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta