Os IV Premios de Innovación en Saúde fomentarán melloras no sistema sanitario público

Os premios contan con dúas modalidades: profesionais ou pacientes, con primeiro e segundo premio en cada unha. Entre as tres edicións anteriores presentáronse 185 proxectos na modalidade de profesionais e 48 na modalidade de pacientes.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 22/01/2024 | Actualizada ás 17:17

Comparte esta noticia

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou este luns as bases do IV edición dos Premios de Innovación en Saúde, impulsados pola Rede e Nodos de Innovación, a cal busca, como idea principal, impulsar a innovación no sistema sanitario público galego. Estes premios están pensados para ideas innovadoras nas que traballan profesionais para mellorar a calidade de vida das persoas e a sustentabilidade do sistema sanitario público galego, así como iniciativas presentadas por persoas físicas, entidades ou asociacións de pacientes sen fins lucrativos.

Os premios contan con dúas modalidades: profesionais ou pacientes, con primeiro e segundo premio en cada unha. Entre as tres edicións anteriores presentáronse 185 proxectos na modalidade de profesionais e 48 na modalidade de pacientes. Así mesmo, a Rede de Nodos da Innovación perfilou a organización destes premios, que realizará a área sanitaria de Ferrol, nunha reunión por videoconferencia co conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, e o xerente da Axencia Galega de Coñecemento en Saúde (ACIS) este luns. Os presentes na reunión, ademais de analizar o estado dos proxectos da pasada edición a cargo da área sanitaria da Coruña e Cee, fixeron balance das actividades realizadas no último trimestre de 2023 e planificaron accións futuras.

O conselleio de Sanidade, Julio García Comesaña, na reunión coa Rede de Nodos de Innovación Sanitaria
O conselleio de Sanidade, Julio García Comesaña, na reunión coa Rede de Nodos de Innovación Sanitaria | Fonte: XUNTA DE GALICIA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta