O incendio dun tractor na estrada DP-6530 en Padrón

Á súa chegada ao lugar, os bombeiros identificaron a orixe do lume nun tractor que estaba a arder á beira da vía, provocando que o lume se propagase a unha masa forestal anexa

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/05/2024 | Actualizada ás 19:48

Comparte esta noticia

Os bombeiros do parque comarcal provincial de Boiro foron alertados, ás 12,26 deste mediodía, dun incendio que afectou a un tractor cando circulaba pola DP-6503, á altura da parroquia de Carcacia, no municipio de Padrón.

Á súa chegada ao lugar, os bombeiros identificaron a orixe do lume nun tractor que estaba a arder á beira da vía, provocando que o lume se propagase a unha masa forestal anexa.

O operativo despregado, informan, consistiu na extinción tanto do vehículo como do terreo, así como na posterior comprobación das medicións térmicas, para descartar unha posible reactivación do lume, e na limpeza da vía.

A Garda Civil de Tráfico de Santiago de Compostela e o GES de Padrón completaron o operativo, informan o Consorcio contra Incendios.

Camión de bombeiros
Camión de bombeiros | Fonte: EDIMA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta