Unha escultura homenaxeará ás máis de 900 persoas asasinadas polo franquismo en Ferrolterra, Eume e Ortegal

A escultura metálica que o artista Manuel Patinha cedeu desinteresadamente ao Concello irá instalada sobre unha mesa de formigón recuberta de granito, con nomes das vítimas gravados en metacrilato e ordenados alfabeticamente dentro de cada ano, entre 1936 e 1975.

Por Europa Press / Redacción | FERROL | 15/01/2024 | Actualizada ás 15:55

Comparte esta noticia

Unha escultura memorial no parque Antón Varela, no barrio de Canido, homenaxeará ás 904 persoas asasinadas pola ditadura franquista, entre 1936 e 1975, nas comarcas de Ferrolterra, Eume e Ortegal. A inauguración terá lugar o 24 de febreiro, despois de que decidise aprazar esta data debido á convocatoria das eleccións autonómicas para o 18 de febreiro.

Segundo informa a Asociación Memoria Histórica Democrática nun comunicado, o pasado domingo celebrouse unha reunión convocada polo Concello de Ferrol, con presenza tamén da Comisión Prol-Memorial, historiadores e grupos municipais para acordar a data da homenaxe. O monumento instalarase na parte traseira do instituto que hoxe ocupa o solar do desaparecido cemiterio municipal, un dos lugares das comarcas no que se produciu maior número de vítimas.

A escultura metálica que o artista Manuel Patinha cedeu desinteresadamente ao Concello irá instalada sobre unha mesa de formigón recuberta de granito, con nomes das vítimas gravados en metacrilato e ordenados alfabeticamente dentro de cada ano. O acto contará con música, poesía, unha ofrenda flora e diferentes intervencións. A Asociación Memoria Histórica Democrática valora que se honre a aqueles que perderon a vida en defensa dos seus ideais de progreso e ben común.

Unha escultura homenaxeará ás máis de 900 persoas asasinadas polo franquismo en Ferrolterra
Unha escultura homenaxeará ás máis de 900 persoas asasinadas polo franquismo en Ferrolterra | Fonte: ASOCIACIÓN MEMORIA HISTÓRICA DEMOCRÁTICA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta