Novenoel é un dos fundadores do festival de arte Viladomar 'máis alá dos muros' que enche cada ano, dende o 2018, esta pequena vila mariñeira de cor. Despois de ver como en México os murais "formaban parte da identidade do pobo", animouse a traer esta idea á súa vila natal.
  comenta   0
O xurado, composto por 21 membros, está na cidade naval ao cumprirse 25 anos da morte de Gonzalo Torrente Ballester.
  comenta   0
O novo sistema busca mellorar a xestión dos enterros e dotar de "maior autonomía" ás empresas funerarias para ofrecer os seus servizos.
O xurista e catedrático da USC en Dereito Constitucional, Carlos Pereira Menaut, lembra neste artigo a outro dos grandes xuristas galegos, Xavier d'Ors, falecido recentemente.
  comenta   0
Tamén cambiar a denominación da cidade cultural que leva nome do que foi ministro franquista e logo presidente da Xunta durante 16 anos.
A escultura metálica que o artista Manuel Patinha cedeu desinteresadamente ao Concello irá instalada sobre unha mesa de formigón recuberta de granito, con nomes das vítimas gravados en metacrilato e ordenados alfabeticamente dentro de cada ano, entre 1936 e 1975.
  comenta   0
Representantes da Xunta, do Concello de Santiago e da sociedade civil participaron no xa tradicional acto interinstitucional no cemiterio de Boisaca para lembrar a Ramón María do Valle-Inclán e a Isaac Díaz Pardo ante as tumbas onde descansan os seus restos mortais.
  comenta   0
A unidade que se encargou de investigar o caso de Samuel Luiz faise tamén con esta investigación.
«Patria temporal da lingua / onde me acobillo e me defendo, / fixen dos ecos que sementaron / os labios dos mortos / a miña casarela de home triste». (Antón Tovar, Patria das miñas palabras)
  comenta   0
En Santa María A Nova de Noia hai un museo de laudas funerarias dos séculos XIV, XV e XVI, pertencentes ao cemiterio histórico da Vila. Sartegos sen paragón en Europa pola calidade da súa talla e polo estado de conservación. Nelas figuran as marcas profesionais ou gremiais, representadas polas ferramentas do seu traballo: tesouras de alfaiates, compás ou escuadra de carpinteiros, pico de canteiro, machados, áncoras… que informan aos visitantentes das características profesionais dos que permaneceron soterrados baixo delas.
  comenta   0
O camposanto de Barcia de Mera acollerá o 11 de novembro o primeiro acto de restauración da Memoria Lingüística cunha homenaxe ao fundador do orfeón Treixadura. O obxectivo é facer pedagoxía sobre a incoherencia de soterrar aos seres queridos con lápidas escritas nun idioma diferente ao que falaban en vida.
  comenta   0
No Concilio de Trento fálase de que o purgatorio existe, pero que as ánimas poden saír del coa mediación dos vivos: rezando oracións ou pagando misas. E cal é a maneira máis rápida de recaudar os cartos para este pago de misas? Coa creación das capelas de ánimas, que, como detalla a historiadora Melodi Parga, moitas veces mesmo teñen un peto, un esmoleiro, para recoller a esmola.
  comenta   0
O cemiterio de San Francisco, BIC da cidade de Ourense tanto polo seu alto valor arquitectónico como polas personaxes ilustres que están alí enterradas, degradase ano tras ano sen que ninguén faga nada por remedialo.
  comenta   0
O antropólogo Rafael Quintía, que descarta absolutamente falar de Halloween, asegura que o termo correcto para esta festividade sería Día de Defuntos. "Chamarlle Samaín tampouco ten sentido, porque a de hoxe xa non é a festa que se celebraba na Idade de Ferro, é outra cousa", afirma, apuntando que "un termo interesante e que estaría moi relacionado con este Día de Defuntos sería o Magosto, que comeza tamén o 1 de novembro e é outro rito de carácter funerario".
  comenta   0
Do colar de zonchos ás cabazas con caras (pero non de terror como no Halloween), pasando pola danza do abellón ou deixar a mesa posta e non varrer a casa esa noite. Borxa González Castro, de Orgullo Galego, cóntanos máis sobre estes ritos.
  comenta   0
Uns emprendedores de Pantón ofrecen estes días a posibilidade de vivir un Halloween diferente convertendo o seu viñedo nun particular cemiterio onde non faltarán nin meigas nin seres malignos que saen das tumbas para volver ao mundo dos vivos…
Caraveis, crisantemos ou dalias son algunhas das flores polas que, tradicionalmente, optouse e séguese facendo, aínda que algúns negocios apuntan a que hai xente que se decanta xa por outro tipo de flores.
  comenta   0
Achegados reclaman que non se "escatimen medios" na investigación, que traballa en "todas as hipóteses" sobre a orixe do lume. Bombeiros acusan o goberno de Vigo de "mentir" sobre efectivos o día do incendio mortal: "Quedou só un telefonista".
Tamén se rescataron varios casquillos de bala e nun dos corpos descubríronse cinco proxectís. Agora, os restos serán trasladados ao laboratorio da Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica en Ponferrada (León), onde serán sometidos a estudo para a súa identificación xenética.
  comenta   0
A Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica ten contacto con tres das familias pero leva tempo tratando de localizar algún achegado de Pedro Pinilla Calvete ou de Pedro Pinilla Fraga, para que poidan asistir á exhumación e se lles tomen mostras de ADN para unha posible identificación xenética dos restos.
  comenta   0
En realidade chamábase María Soliño e tras quedar viúva pola morte do seu marido a mans dos corsarios beberiscos que invadiron Cangas no século XVII, era unha muller adiñeirada desprotexida ante os desexos de poder e riquezas do clero.
  comenta   0
É imposible facer vida 100 % nun lugar no que se carece, por poñer un exemplo, de centro de saúde, ou de supermercado onde facer a compra. Ademais, falta enerxía eléctrica, pois a pouca que hai é subministrada por un xerador que funciona só algunhas horas. Por iso, os habitantes de Ons teñen que desprazarse continuamente ao concello de Bueu para o seu día a día.
  comenta   0
A subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, destacou este martes o compromiso do Goberno coa investigación, conservación e posta en valor do patrimonio histórico lucense, cun investimento de 154.000 euros para realizar os traballos arqueolóxicos de escavación da necrópole medieval localizada no lugar de Combarro, na parroquia de San Vicente de Trigás.
O coñecemento histórico do ocorrido foi posible grazas ás investigacións que fixo a través do seu blog Xosé Miguel Suárez Fernández.
A nai do mozo lembrou que o seu fillo lles transmitía tranquilidade ao asegurar que viaxaba nun tren con sistema de freado "automático"
  comenta   0
Á vila ourensá chegará o Cinemóbil3, camión de época que emula ao Cinemóbil nº 2 que visitou a vila cambadesa o 1 de novembro de 1929 proxectando filmes de José Gil
  comenta   0