Cambados viaxa aos inicios do cinema en Galicia

Á vila ourensá chegará o Cinemóbil3, camión de época que emula ao Cinemóbil nº 2 que visitou a vila cambadesa o 1 de novembro de 1929 proxectando filmes de José Gil

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/03/2023 | Actualizada ás 21:30

Comparte esta noticia

Cambados será a terceira vila para a recuperación da memoria de José Gil, o gran precursor do cinema galego. De feito a derradeira pegada do director, produtor, realizador e fotógrafo leva o selo dun cambadés ilustre: o escultor Francisco Asorey, autor da obra de arte que acolle as cinzas de Gil e a súa familia no cemiterio municipal de Pereiró, en Vigo.

Actividades arredor de José Gil en Cambados
Actividades arredor de José Gil en Cambados

E á vila de Asorey chega agora a memoria de José Gil, preto de 100 anos despois da súa morte, a través dunha serie de accións e actividades que se desenvolverán esta próxima fin de semana, o venres 10 e sábado 11 de marzo, actividades que buscan dar a coñecer ao cineasta e colocalo no lugar que lle pertence por dereito propio, como gran fundador do cinema galego.  

Á vila ourensá chegará o Cinemóbil3, camión de época que emula ao Cinemóbil nº 2 que visitou a vila cambadesa o 1 de novembro de 1929 proxectando filmes de José Gil. As súas visitas son tanto para a comunidade educativa da vila como para veciños e veciñas. Faranse proxeccións, encontros, presentación do libro ‘Nos días encantados de agosto’ (Manolo González, Ed. Galaxia), coloquios, e concerto da Banda de Música de Castrelo nunha Sesión Vermú que rememorará a importancia da música na andaina vital e profesional de José Gil.   

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta