Os outros efectos da "avalancha eólica": lendas e topónimos que se perden para sempre

Petón do Lobo pídelle ao Goberno galego que "cumpra a lei" e free a perda de patrimonio inmaterial como consecuencia da implantación de eólicos.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/02/2021 | Actualizada ás 14:10

Comparte esta noticia

O avance dos proxectos eólicos en Galicia segue a levantar as críticas do movemento social e ecoloxista galego. Logo de semanas cheas de denuncias sobre as "irregularidades" dos parques aprobados pola Xunta de Galicia --algunhas delas atentidas polo TSXG-- comezan a medrar os manifestos contra a "avalancha" de parques de aeroxeneradorses sobre o territorio galego.

Un bosque
Un bosque | Fonte: Wikipedia

Xa a alturas do pasado mes de novembro, a Rede Galega por un Rural Vivo lanzou un manifesto en favor da implantación de eólicos en Galicia pero seguindo un modelo distinto de cara a evitar as situacións que se poderían vivir se algúns dos proxectos actualmente tramitados chegan a se construír. O escrito defendía así a conformación dun modelo de implantación "máis ordenado" e que respectara ás poboacións dos arredores gardando unha distancia mínima. 

O manifesto das aldeas galegas vén de ser continuado pola plataforma Petón do Lobo. A organización ambiental vén publicar un estenso comunicado dirixido ao goberno autonómico que podería ser resummido nunha máxima: "Solicitamos á Xunta de Galicia o cumprimento da normativa que protexe o patrimonio cultural inmaterial ante a avalancha de proxectos eólicos que transforman o territorio e os usos dos solos".

CONSERVAR OS NOMES E LENDAS

A argumentación de Petón do Lobo vai máis alá da conservación daquelas zonas protexidas por lei, unha circunstancia de especial actualidade logo de que, como informou Galicia Confidencial, unha empresa propuxera erixir un muíño de vento sobre terreo protexido no complexo do Monte Chan. Petón do Lobo, pola contra, esixe á Xunta que cumpra as normas para desenvolver a "necesaria protección do patrimonio inmaterial, e en particular sobre unha das súas manifestacións máis importantes, a toponimia e a microtoponimia".

Esta demanda ten que ver co desdebuxamento dos nomes tradicionais que Petón do Lobo advirte como unha das consecuencias do actual modelo de eólicos. "Se nun monte arestora poden existir alomenos un topónimo para a súa identificación e un microtopónimo incluso para cada unha das parcelas que o conforman, cos efectos do frenesí eólico impulsado pola Xunta de Galicia, estamos a ver como a instalación dos parques eólicos varre por completo con este patrimonio inmaterial", valor a plataforma. A respecto desta circunstancia aluden tamén á perda de "lendas e contos"

Por iso destacan que, de acordo coa propia regulación autonómica galega, os trámites de avaliación de impactos ambientais deben considerar tamén se se trata de proxectos ideados sobre  "áreas con potencial afección ao patrimonio cultural”. Así, destacan dende a plataforma, o estudo do impacto ambiental debe incluír información sobre eses bens inmateriais entre os que da propia norma inclúe a toponimia, a "lingua como vehículo do patrimonio cultural inmaterial, regulada pola súa normativa específica" e a as "tradicións e expresións orais".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

2 ladztrp

E as mámoas que destrúen

1 Alienao

O mesmo que se poñen, quítanse! Os parques, os políticos e calquera trapallada.

1 Suse

Calquera o diría dos políticos...