A Mesa tramitou 1.129 expedientes o pasado ano diante de entidades públicas e privadas en defensa do dereito ao uso do galego. Entre as empresas privadas, Vodafone e Naturgy son as máis demandadas.
  comenta   0
A RAG promove un traballo no que se analizan máis dun centenar de nomes.
  comenta   0
A Mesa sola Normalización Lingüística tamén reprocha que Facenda busque "impor nomes deturpados" nos seus emails electrónicos.
  comenta   0
O Ministerio confirma que "se está xestionando o cambio de denominación" da citada listaxe, o cal levará tamén "outras modificacións" como as correspondentes contas de correo.
  comenta   0
Lembra que a Constitución española recoñece as linguas do Estado como "un patrimonio cultural que será obxecto de especial respecto e protección" e que no caso do galego está recoñecido como oficial polo seu Estatuto de Autonomía.
  comenta   0
Nunha comunidade como a nosa, na que se calcula que pode haber uns 2 millóns de microtopónimos, uns 50 de media por cada quilómetro cadrado, "hai moitos que só perviven na memoria dos nosos avós e avoas, que nos van deixando e, con eles, morren centros de nomes", lamenta Vicente Feijóo, coordinador técnico do proxecto 'Galicia Nomeada' e especialista en toponimia do Seminario de Onomástica da Real Academia Galega (RAG).
  comenta   0
Na sesión da tarde a cantora, improvisadora e filóloga Alba María compartirá a súa experiencia co alumnado de secundaria traballando a relación entre os romances e a onomástica.
  comenta   0
O Executivo estatal e todas as entidades "deben respectar as formas toponímicas lexítimas, correctas e únicas con carácter oficial sempre e en todo lugar", defende o deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego.
  comenta   0
A aplicación Galicia Nomeada suma xa máis de 65.000 microtopónimos recollidos coa colaboración cidadá.
O colectivo Fala Ceibe do Bierzo recorda a irmandade con Galicia e insta á colaboración entre ambos lugares para a recuperación da lingua.
  comenta   0
O presidente da Mesa, Marcos Maceira, recordou esta mañá na Coruña que "a toponimia fala da Historia, da cultura e da lingua dos pobos" e que, polo tanto, "agredir a toponimia galega é agredir o pobo galego".
  comenta   0
Un usuario do grupo de Facebook Fálalles Galego!  publicou unha ducia de montaxes imitando o xeito da campaña da asociación, onde pon en evidencia o absurdo de algunhas traducións toponímicas ao castelán.
Un panel publicitario da asociación 'Hablemos Español' revolucionou aos usuarios por volver a castelanizar o nome da localidade pontevedresa
  comenta   0
O Parlamento galego ten debatido sobre a problemática lingüística do Bierzo recentemente. A Xunta manifestou o seu desexo de axudar a recuperar a nosa toponimia galegoberciana. Por suposto, os falantes do Bierzo queremos que os nosos topónimos tradicionais teñan o protagonismo que lles corresponde. Porque a nosa dignidade colectiva se manifesta nunha representación cultural en galego.
  comenta   0
A Xunta de Galicia busca iniciar "unha nova fase" na presenza do galego no Bierzo e Sanabria facendo oficiais os topónimos da zona neste idioma.
  comenta   0
A defensora da audiencia da canle pública asegura que nos informativos estatais deben empregar sempre os topónimos en castelán, ignorando a lexislación autonómica
  comenta   3
A Real Academia Galega subliña que "é un topónimo galego" e 'Sanxenxo' é "a única forma oficial recoñecida segundo a lexislación vixente".
  comenta   0
Os veciños esixen novamente a paralización cautelar das obras, porque consideran que está máis que comprobado que non se fixo unha prospección previa en condicións
  comenta   0
Así o expuxo o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, na Comisión de Educación e Cultura do Parlamento galego a preguntas do deputado do PPdeG Daniel Vega.
  comenta   0
A RAG edita un novo número da colección 'Terra Nomeada' sobre a toponimia de Ribeira
  comenta   0
O proxecto chámase "A Memoria das Aldeas" e está impulsado polas áreas de Igualdade e Cultura do Concello de Allariz. O traballo de recollida desenvólvese en asociacións veciñais e conta coa colaboración da plataforma 'Galicia Nomeada'.
  comenta   0
A Real Academia Galega (RAG) recolle nun novo volume do Seminario de Onomástica case 30 traballos sobre os nomes de lugar das rutas xacobeas de investigadores de diversas universidades europeas
  comenta   0
A Xunta presentou un recurso contra a decisión do Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana de outorgar oficialidade ao cambio de nome da ría de Ribadeo, que, a proposta do Goberno asturiano, pasou a denominarse tamén ría do Eo.
Ocupará a vacante producida polo pasamento en marzo de 2021 do historiador Xosé Ramón Barreiro Fernández.
  comenta   0
Considera que "afecta a orde pública". A Mesa pola Normalización Lingüística, convocante desta protesta que coincide coa visita do Rei, avisa que sairá á rúa igualmente.
  comenta   0
Ao longo de tres días, o encontro reunirá especialistas reputados de Galicia, toda a Península Ibérica, Italia e Francia.
  comenta   0
A Mesa pola Normalización Lingüística manifestarase este xoves 29 de setembro ás 17 horas na ponte da Toxa co obxectivo de defender o emprego do topónimo oficial da illa, o galego.
  comenta   0
O encontro terá lugar do 21 ao 23 de setembro, na Facultade de Filoloxía da Universidade de Santiago de Compostela
  comenta   0
O PP asturiano mostra o seu apoio ao Principado no proceso para utilizar o topónimo 'ría do Eo'.
Os municipios que participan nesta edición son lugares onde a microtoponimia --nomes de leiras, montes, regatos, fontes, pedras...-- corren maior risco de desaparecer, ben por sufrir un forte despoboamento nas últimas décadas ou por producirse amplos procesos de transformación do territorio por situarse próximos a grandes cidades.
  comenta   0
Exemplos contrarios á norma, son, tal e como citou: El Ferrol, Santa Eugenia de Ribeira, Isla de Arosa, Isla de la Toja, Isla de la Creba por illa da Creba.
  comenta   0
A falta de atención oral e escritura en galego, a sinalización e rotulación dos establecementos exclusivamente en español e a deturpación de toponimia galega, entre as principais denuncias
  comenta   0