Cal é a raíz do nome Balbino, de Neira Vilas, ou das Terras de Miranda de Cunqueiro?

Unhas xornadas da RAG profundarán na toponimia e onomástica na historia da literatura galega.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 06/10/2022 | Actualizada ás 12:37

Comparte esta noticia

O próximo 15 de outubro o Museo de Pontevedra acollerá unhas xornadas organizadas pola Real Academia Galega que profundarán na historia da toponimia e a onomástica nas letras galegas.

O encontro contará coa participación de persoas expertas que analizarán as raíces de nomes propios empregados na literatura galega, como a Maxina de Marcial Valladares ou o Balbino de Neira Vilas.

Tamén estará sobre a mesa a elección de topónimos para ambientar as historias, desde aqueles reais como Bastavales ou Lestrobe que usou Rosalía aos que están a medio camiño entre realidade e ficción, como as Terras de Miranda de Cunqueiro.

A programación do VII Xornada de Onomástica Galega complétase cunha mesa redonda na que as escritoras Berta Dávila, Fina Casalderrey e Marcos Calveiro compartirán con Marilar Aleixandre os camiños que as levan a escoller os nomes dos protagonistas das súas novelas.

O broche á xornada, para a que é preciso anotarse para asistir presencial e que tamén poderá seguirse na páxina web da Academia, porao Xosé María Álvarez Cáccamo cun acto poético baseado en topónimos.

O presidente da RAG, Víctor F. Freixanes; o coordinador do Seminario de Onomástica, Antón Santamarina; e a coordinadora da guía, Ana Boullón, no acto de presentación da 'Guía de nomes galegos'. MIGUEL GRANDÍO
O presidente da RAG, Víctor F. Freixanes; o coordinador do Seminario de Onomástica, Antón Santamarina; e a coordinadora da guía, Ana Boullón, no acto de presentación da 'Guía de nomes galegos'. MIGUEL GRANDÍO

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta