ADEGA denuncia que Acciona, titular do parque, quixo realizar a misma operación que a que se fixo no parque da serra do Oribio; comezar as obras sen ter licenza municipal. O alto tribunal paraliza tamén a construción do parque Marcofan, en Ourense.
Que Galiza triplicara a súa débeda ou sexa unha das comunidades con peor calidade de vida do Estado Español é algo conxuntural. Espontáneo máis ben. Que según a RAG significa que se produce por impulso propio, sen necesidade de intervención externa. Igual que sae unha macrolepiota baixo unha berza cando chega o outono.
  comenta   0
Amigos da Terra, Ecoloxistas en Acción, Greenpeace, SEO/BirdLife e o Fondo Mundial para a Natureza (WWF) pediron aumentar estes criterios con respecto aos recolleitos no borrador de Real Decreto que regula a produción de enerxía eólica mariña.
  comenta   0
Detecta niveis de metais superiores ao límite permitido na auga. Ecoloxistas en Acción alertan do risco de abandono e fuga da empresa, "en mans de homes de palla peruanos", e esixen unha caución de 10 millóns de euros
  comenta   0
A organización ecoloxista ADEGA di que a Xunta coñecía a presenza de especies ameazadas no espazo ocupado por Altri e evitou protexelo. "A cousa pode ser aínda máis grave, porque ao desbaldimento de cartos públicos podería engadirse tamén o delito ambiental por inacción dolosa", asegura.
  comenta   1
Rueda non descarta "expropiacións" se non se chegan a acordos cos propietarios dos terreos onde se instalará. Acusa ao BNG de "demagoxía" por rexeitar a instalación de Altri en Galicia logo de apoiar a súa instalación no Parlamento. Os nacionalistas aseguran agora que é "unha bomba ambiental no corazón de Galicia".
  comenta   0
Destaca que a celulosa empregará a 2.500 persoas e confía en que o Tribunal Supremo e o Tribunal de Xustiza Europeo lle dean a razón á Xunta cos parques eólicos.
  comenta   2
O Consello de Estado francés anula as autorizacións de aeroxeradores tras un recurso de 16 asociacións e entidades ecoloxistas. A decisión pode influír na política ambiental da UE.
  comenta   0
Elsa Astor Álvarez-Ossorio, da asociación We Sustainability, apunta que o que máis lles escandaliza cando van realizar recollidas de residuos ás praias é "a gran cantidade de lixo que atopan de xente que usa o inodoro coma se fose unha papeleira". Toparon de todo, "dende bastonciños para os oídos ata produtos de hixiene íntima e unha cantidade descomunal de toalliñas húmidas".
  comenta   0
Os ecoloxistas denuncian problemas de auga en toda a comarca se se instala a papeleira. Ángeles Vázquez pide "tranquilidade" coa instalación de Altri: "Os requirimentos son máximos" e Rueda pide rigor.
Virginia Barros, presidenta da Asociación Mar de Fábula, reflexiona con Galicia Confidencial sobre a gran problemática dos residuos. Os temporais que estes días azotan a costa galega deixan ao descuberto o lixo que hai nos mares e, mesmo aqueles residuos plásticos que a xente bota no contedor amarelo, "a realidade é que case ningún se pode reciclar", porque "están feitos de distintos tipos de plástico que habería que separar".
  comenta   0
Ecoloxistas en Acción e Acouga denunciaron irregularidades no procesamiento dos residuos industriais da planta de Ferrol. A Xunta trasladou que non recibiu ata o momento requirimento de información algún por parte da Fiscalía.
  comenta   0
Ecoloxistas en Acción e ACOUGA denunciaran as emisións tóxicas de cal viva no procesamento dos refugallos industriais na planta de As Somozas.
  comenta   0
En apoio ao pobo saharauí para conmemorar o 27 de febreiro, día no que se proclamou a República Árabe Saharauí Democrática hai 48 anos.
  comenta   0
Un grupo de biólogos da UVigo fai un chamado urxente para conseguir unha protección ambiental real da praia da Calzoa presentando un escrito á Subdirección Xeral de Avaliación Ambiental, cunhas suxestións para incorporar no PXOM antes de que o Concello proceda á súa aprobación.
A asociación Noia Limpa, a primeira en dar a voz de alarma sobre a vertedura do 'Toconao', pide que non se baixe a garda no asunto: "Falamos cunha asociación de Sri Lanka para aprender da súa catástrofe e dinnos que non se pode medir a alerta polos pélets que hai por metro cadrado, senón polos que se levan recollido do total da vertedura".
  comenta   0
Acaba de abrir un procedemento "polo uso de fondos europeos para pagar ao director desta mina durante o proxecto Horizonte 2020".
  comenta   0
Ecoloxistas en Acción e Acouga valorarán coa veciñanza interpoñer outra demanda conxunta por delito ambiental e contra a saúde publica.
  comenta   0
O presidente insiste na trama do "bulos" creado pola oposición a través de perfís falsos nas redes sociais. Destaca a "legalidade" nas contratacións do persoal para a limpeza e coordinación dos areais pero non concreta o tratamento que se lle está dando aos residuos.
  comenta   0
O Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Noia (A Coruña) acordou incoar dilixencias pola posible existencia dun delito contra os recursos naturais e o medio ambiente pola vertedura de pélets na costa galega, tras a perda de carga dun buque fronte a Portugal o 8 de decembro.
  comenta   0
En castelán, a RAE di que non é "pellet", o termo correcto sería "pélet". A RAE tamén propón "granza" como unha posible equivalencia.
  comenta   0
Aínda que a Xunta afirma que hai profesionais traballando nos areais, cando un se achega ata eles o único que se atopa é a xente do común que fai o que pode. Por iso, estes voluntarios tratarán de alzar a voz para que non se lle reste importancia a un asunto que xa recorda a moitos o acontecido co Prestige.
  comenta   0
Organizacións ecoloxistas dan consellos de como actuar ante a nova catástrofe das praias galegas e piden que os e as voluntarias que acudan as praias o fagan de xeito organizado.
  comenta   0
A Xunta tamén responsabiliza ao Goberno central da vertedura de plásticos, a pesar das alertas que os ecoloxistas deron desde o pasado mes. O Goberno central asegura que deu aviso Pontón pide a comparecencia de Rueda por este novo episodio de contaminación mariña.
  comenta   0
Ao tratarse de boliñas de plástico, os pellets son altamente contaminantes e dificilmente degradables. "Unha vez esparexidos, ademais, son moi difíciles de limpar e a fauna mariña pode pensar que se trata de ovos doutros peixes e rematar por comelos", alerta Dayana, da asociación Noia Limpa.
  comenta   0