Decisión histórica en Francia contra a autorización dos parques eólicos

O Consello de Estado francés anula as autorizacións de aeroxeradores tras un recurso de 16 asociacións e entidades ecoloxistas. A decisión pode influír na política ambiental da UE.

Por Galicia Confidencial | MADRID | 13/03/2024 | Actualizada ás 11:36

Comparte esta noticia

O Consello de Estado francés ditaminou, nunha decisión histórica, que as autorizacións para

Parque eólico
Parque eólico | Fonte: CAPITAL ENERGY - Arquivo

aeroxeradores terrestres e as normas para a renovación de parques eólicos son ilegais. A decisión prodúcese tras un recurso interposto pola Fédération Environnement Durable e 15 asociacións.

Este órgano xurisdicional francés anulou todas as disposicións relativas ás tres versións sucesivas do protocolo de medición do ruído que debía protexer a saúde dos residentes locais. A decisión non só afecta as autorizacións e proxectos en curso, senón que tamén podería pór en dúbida os parques eólicos existentes.

As consecuencias son para proxectos en revisión ou autorizados, pero aínda non construídos xa que estes proxectos deben someterse imperativamente a unha avaliación ambiental completa. Ademais, todos os parques eólicos construídos sobre a base dos decretos ministeriais agora ilegais deben deixar de estar autorizados para funcionar no seu estado actual. Parte destes argumentos tamén foron utilizados polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia para desbotar as autorizacións de parques eólicos aprobados pola Xunta.

AVALIACIÓN AMBIENTAL

As razóns para a cancelación están na falta de avaliación ambiental. O Consello de Estado descubriu que os decretos ministeriais sobre medición do ruído non foran sometidos a unha avaliación ambiental, o que constitúe unha violación da lei. Tamén destacou que as decisións polas que se aprobaba o protocolo sobre o ruído non se someteron a participación pública, o que viola os principios de participación e transparencia. Ademais, o Estado francés  foi condenado a pagar unha indemnización ás asociacións demandantes. 

A decisión do Consello de Estado do país galo terá un impacto crucial no futuro da enerxía francesa porque o desenvolvemento da enerxía eólica terrestre vese agora freado, á espera de que se apliquen novas autorizacións e normas conformes á lei. Esta de cisión tamén expón interrogantes sobre aviabilidade dos proxectos en curso e o futuro dos parques eólicos existentes

As asociacións ecoloxistas felicitáronse pola decisión do Consello de Estado,que consideran unha gran vitoria para a protección do medio ambiente, a saúde doshabitantes e o respecto da lei. Sinalan o incumprimento sistemático destas leis por parte dasautoridades públicas, cuxo único obxectivo era impor a instalación de turbinas eólicas, cada vez máis rexeitadas pola poboación, especialmente nas zonas rurais.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta