Todo o que precisas saber deste insecto, que podería ser moi perigosos para cans ou gatos en zonas con piñeiros.
  comenta   0
Demandará ao consistorio que use "todas as ferramentas para restrinxir as novas plantacións de especies arbóreas pirófitas.
Máis de 32.000 piñeiros e un investimento de 90.000 euros para recuperar varios montes da provincia de Pontevedra
  comenta   0
O director xeral da empresa tenta convencer á Asociación Forestal de Galicia de que venda piñeiros de calidade coa promesa dun suba de prezos.
  comenta   0
Foi acusado de queimar unha hectárea da súa leira das máis de 50.000 que se queimaron en cinco días. Axentes da Garda Civil negan risco para casas e xente e unha veciña veo "o máis prexudicado" ao arder unha "única" leira: a súa, con castiñeiros e piñeiros.
  comenta   0
Na celebración do Día Internacional dos Bosques, o monarca percorreu un camiño rodeado de vacas, cabras ou cabalos e acabou subindo a un vehículo utilizado para a poda forestal. A cita non estivo exenta de protestas, materializadas en concentracións da Plataforma 'Mina Touro-O Pino Non' e Seaga.
  comenta   0
A Asociación Forestal de Galicia e as comunidades de montes pídenlle á Xunta un plan de apoio á silvicultura para afrontar os custos que supón esta situación.
Destinará 7 millóns de euros para plantación de case 4.000 hectáreas de piñeiros, carballos, castaños ou nogueiras.
  comenta   0
Un estudo da Universidade de Vigo afirma, ademais, que a maioría dos cidadáns considera que a Administración Pública non está a facer o suficiente para loitar contra os incendios e valora máis a conservación de especies autóctonas que as explotacións de piñeiros e eucaliptos. Trátase, segundo as súas autoras, do primeiro estudo en Galicia que analiza a opinión pública sobre os incendios.
  comenta   1
"Hai que darlle cabida a todas as especies sen demonizar a ningunha delas", di a conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez .
  comenta   5
A Asociación Forestal de Galicia e a empresa madereira identificaron unha gran oportunidade en Europa para esta madeira.
  comenta   0
Esta actividade, que desaparecera en Galicia durante máis de medio século, volve reactivarse e duplicará este ano a súa produción. Na actualidade estímase que hai ao redor dunha vintena de resineiros.
  comenta   0
A Sociedade Galega de Historia Natural recupera un estudo que demostra que a velocidade de propagación dos incendios e o risco de lumes secundarios é maior en zonas de eucaliptos e piñeiros.
  comenta   1
Os incendios en 2017 obrigan agora a ter os montes limpos de madeira queimada para o día un de abril. Falamos con Xosé Covelo da Asociación Forestal de Galicia (AFG) para que explique cales son os motivos polos que uns lotes de madeira queimada saíron á venda e outros non, sobre todo de piñeiro.
  comenta   0
O catedrático Pérez Alberti critica que "non hai datos" da Xunta de cartografiado de lumes que axuden a previr incendios.
  comenta   0
Niños da Thaumetopoea pityocampa chegaron xa a Carnota e ameazan as poucas masas de piñeiros do Pindo.
  comenta   0
Máis do 50% dos 8 millóns de metros cúbicos de talas industriais anuais en Galicia son de eucalipto, segundo datos expostos na comisión de estudo sobre incendios no Parlamento, na que os expertos negan a existencia de tramas e receitan ordenar o monte.
  comenta   4
Estudos previos xa demostraran a capacidade do Eucalyptus globulus para colonizar plantacións autóctonas en Galicia non afectadas polo lume. Agora, unha nova achega científica demostra por vez primeira que os incendios poden aumentar este risco de invasión, especialmente en bosques nativos de carballo.
  comenta   5
Os resultados dun estudo do Centro de Investigación Forestal CIFOR-INIA sobre lumes forestais cuestionan a campaña do 'lobby' galego da madeira difundida en xornais como Faro de Vigo e La Voz de Galicia a prol do eucalipto. Os datos mostran que esta especie ten unha alta taxa tanto no número de incendios como na superficie arborada queimada no país, só por detrás do piñeiro bravo. Piñeirais e eucaliptais suman o 81 por cento dos incendios e o 88 da superficie arrasada en áreas arboradas. GC presenta os datos completos que non aportou o sector forestal galego na súa campaña nos medios tradicionais.
  comenta   28
O produto é presentado na revista científica 'Journal of Applied Phycology' por investigadoras do Campus Terra, da Universidade de Santiago.
  comenta   0
Científicos da Escola de Enxeñaría Forestal da Universidade de Vigo estudan a viabilidade de usar restos de corta para producir enerxía eléctrica.
  comenta   1
Eva Prada demostra na súa tese de doutoramento que as poboacións atlánticas son máis sensíbeis que as continentais a xeadas inesperadas, pero poden verse favorecidas “nun escenario máis competitivo” como o derivado do aumento das temperaturas.
  comenta   0