Segundo a información do CIAE 112-Galicia, o suceso tivo lugar ás 18.30 horas deste venres no quilómetro 543 da N-120, ao seu paso pola parroquia de Atán.
Detectado polo Instituto Xeográfico Nacional (IGN) durante a madrugada deste domingo.
  comenta   0
Con este programa, a Deputación ofrece descontos nos balnearios de Lugo, Pambre, Guitiriz e Pantón ás persoas maiores de 50 anos da provincia, que poderán acudir a estes establecementos cun acompañante que non teña necesariamente esta idade.
En Pantón, tres turismos protagonizaron unha colisión en cadea que se saldou con dúas persoas feridas.
Uns emprendedores de Pantón ofrecen estes días a posibilidade de vivir un Halloween diferente convertendo o seu viñedo nun particular cemiterio onde non faltarán nin meigas nin seres malignos que saen das tumbas para volver ao mundo dos vivos…
Coñecemos a historia de Manuel Aira, bombeiro de profesión en Monforte de Lemos que comezou coa apicultura como afección. Cos enxames que ten en Pantón e Pedrafita do Cebreiro quería recuperar a vinculación coa orixe dos seus avós.
O Restaurante Casa Antonio en Goián, no concello de Pantón, leva 27 anos funcionando. Comezou como unha cantina-tenda de aldea e hoxe ofrece ducias de comidas todos os días e abriu unha pensión.
Dous emprendedores de Pantón botaron a andar esta idea antes do verán e o resultado foi todo un éxito. No mes de agosto tiveron reservas todos os días con grupos de todas as idades. Falamos con Marcos, ‘armadanzas’ desta iniciativa, e con Eva, unha mestre dos Escolapios de Monforte que foi cun grupo de rapaces do proxecto Erasmus o 17 de outubro.
O alcalde di que este municipio de 1.000 veciños rexistra consumos de 300.000 litros de noite. "É unha animalada", asegura.
  comenta   0
Súmase a Ferreira de Pantón, Castro de Rei, Ribas do Sil ou Taboada que xa impuxeron restricións no consumo de auga.
Colectivos dos concellos de Carballedo, Chantada, Sober, Pantón, Ribas de Sil, Monforte de Lemos, A Pobra do Brollón e Paradela queren ser tidos en conta no proceso de candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio da Humanidade da UNESCO.
Declara os primeiros oito perímetros de alto risco de incendios en vías de Bergondo, Carnota, Navia de Suarna, Pantón, Carballeda de Valdeorras, Carballeda de Avia, Campo Lameiro e Crecente.
  comenta   0
"Teño que agradecer que os veciños gardaron todas as medidas e síguenas gardando. Eu pediríalles un pouco de paciencia, que esperaran un pouco máis e no momento que vexamos que isto se levanta espero que volvamos como antes", asegura José Luís Álvarez, alcalde de Pantón.
  comenta   0
José Luís Álvarez di que o Concello continúa "cos labores de desinfección" das principais rúas da localidade, logo de que se detectaron varios positivos no municipio.
O gromo foi detectado ao dar positivo dous mozos que ían facer de figurantes no filme, os outros cinco deron positivo ao acudir cos outros dous contaxiados a unha festa a finais de agosto.
O operario traballaba no tellado dunha vivenda en Pantón, concretamente no lugar de Lornís.
Chámase Eugenio Linares, é de Pantón, e comezou a facer escultura en madeira hai 7 anos. Hoxe é un artesán que non dubida en utilizar a motoserra nas súas obras.
Diego Villar era mariño, natural da Costa da Morte. Pero fai 11 anos fixo a viaxe inversa, emigrou da costa cara ao interior como capitán nos catamaráns turísticos da Ribeira Sacra. Hoxe é o único habitante de Frontón, en Ferreira de Pantón.
Lucas Vázquez, do Colectivo Segredos de Pantón, vén de facer unha escolma sobre os seres propios da superstición galega.
O secretario xeral de Unións Agrarias, Roberto García, acusou á Xunta de Galicia de "un total abandono de funcións" para combater á velutina, tras a morte dun veciño de Pantón por picaduras destas avespas ao atoparse cun niño cando rozaba unha leira.
Máis de 200 niños de avespas velutinas foron retirados no que vai de ano no municipio de Pantón (Lugo), onde o pasado venres faleceu un veciño de 67 anos por múltiples picaduras tras atoparse cun niño cando rozaba unha leira.
Un veciño do municipio de Pantón de 67 anos de idade faleceu tras sufrir múltiples picaduras de avespas velutinas ao atoparse cun niño cando rozaba unha leira.
Iria Iglesias e Dani Viéitez son dúas mentes creativas que decidiron deixar Vigo para afincarse en Ferreira de Pantón. Ela estudou Historia da arte e Gráfica publicitaria e posteriormente traballou en comunicación e moda. El estudou Empresariais e especializouse en marketing, para despois traballar en marketing e en loxística. Decidiron abandonar o estrés da cidade para iniciar unha nova aventura empresarial no rural galego.
Emmely Föhring e Paul Baker sentaron o seu campo base en Pantón coa idea de ofrecer un futuro en harmonía coa natureza á súa familia. Alí puxeron en marcha Tuta Fruta, unha liña de marmeladas e zumes de froitas ecolóxicas que elaboran na súa ecogranxa e vivenda de Tanquián.
A Deputación de Lugo aportará 500.000 para a súa construción. O presidente provincial critica que a Xunta, a administración "con competencias directas", "nunca dese resposta" a esta "vella demanda" dos veciños.
  comenta   2
Na parroquia de San Fiz de Cangas vivíu a comezos do século XX un zoqueiro que personalizaba cun sinal diferente cada zoco que facía. Un século despois, a arxentina descendente deste zoqueiro, Cristina Martínez, coñeceu a súa familia galega perdida grazas a un aviso que deu a través do Xornal de Lemos.
Lara Santos casou cun italiano namorado de Galicia e acabaron creando a Adega Alma das Donas. “Vivir na Ribeira do Sil crea a sensación de estar permanentemente nunha postal”, destaca nesta entrevista.
O concello, que presume de ter tres ribeiras, Miño, Cabe, e Sil, exalta os seus caldos os días 12 e 13 de maio. O sábado será o escenario escollido pola D.O. Ribeira Sacra para o simbólico brinde colectivo e simultáneo que farán 28 denominacións de orixe en toda a península e o domingo terá lugar o pregón de Carlos Blanco.
  comenta   0
O coñecido actor e humorista foi convidado este ano para pregoar na Mostra de Viños da Ribeira Sacra de Pantón que terá lugar os días 12 e 13 de maio.
  comenta   4