Temas: PANTóN

Carlos Blanco, pregoeiro en Pantón

O coñecido actor e humorista foi convidado este ano para pregoar na Mostra de Viños da Ribeira Sacra de Pantón que terá lugar os días 12 e 13 de maio.

Por X.M. Fernández | Monforte de Lemos | 17/04/2018 | Actualizada ás 20:00

Comparte esta noticia

Este evento vinícola cumpre 25 anos e naceu para dar a coñecer os viños procedentes da subzona Ribeiras de Miño, pertencente á Denominación de Orixe Ribeira Sacra.

Carlos Blanco. Foto cedida.
Carlos Blanco. Foto cedida.

Como en cada edición, adegueiros da zona aínda por confirmar, presentarán aos visitantes os caldos deste ano ao longo da segunda fin de semana de maio. A mostra contará con outros postos e actividades para completar unha programación que está pendente de concretar ao detalle.

Paralelamente a este encontro cos viños haberá unha carreira popular e o día 12 terá lugar a terceira Romaría Festa da Empanada na que as protagonistas son as diferentes cuadrillas que participan. Haberá premios para a máis festeira, a máis numerosa e aquela que teña a camiseta máis orixinal.

O pregoeiro será Carlos Blanco, “Laureano Oubiña” en Fariña e de xira por Galicia co espectáculo teatral “Somos criminais” no que comparte escenario con Touriñán. Carlos é un amante da Ribeira Sacra e a ben seguro que non decepcionará coa súa dedicatoria ao viño e á espectacular paisaxe deste lugar.

Ribeira do Miño na Míllara (Pantón). Foto: Xosé Manuel
Ribeira do Miño na Míllara (Pantón). Foto: Xosé Manuel
Temas: PANTóN
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 4 comentarios

1 Guirado

Os do BNG seguen facendo caixa

1 Calquera

Non son do BNG, pero vai ao médico.

2 GalegON

A que te refires, Sr Guirado?

3 John Silver

Es un personaxe patético. Canta xente anda pola rúa por non ter una sanidade que se preocupe pola saúde psíquica das persoas e non estean tratadas onde teñen que estar.