O filme, dirixido por Juan Galiñanes e protagonizado por Luis Tosar, amosa a cidade da Coruña dende diversos ángulos: a praza de Pontevedra, a cafetería Manhattan, a praza de Portugal, o CHUAC ou o paseo marítimo. Conta a historia dun atraco que remata por amosar a importancia da doazón de órganos para salvar unha vida.
  comenta   1
'As bestas', dirixida por Rodrigo Sorogoyen e ambientada nunha aldea galega é a favorita para a próxima edición dos próximo Premios Goya por acaparar 17 nomeamentos.
  comenta   0
Entre moitas outras estrearase "Way Down", de Jaume Balagueró, que conta no reparto con Luís Tosar.
  comenta   0
A finalidade dos Premios CYGNUS é recoñecer a aqueles profesionais que máis se distinguiron por plasmar, desde o cinema e a televisión, valores como a solidariedade, a igualdade ou a inclusión social, entre outros.
  comenta   0
'O que arde' e Luís Tosar saen sen premio dunha gala na que triunfou a película 'Dolor y gloria' de Pedro Almodóvar.
  comenta   0
O pase especial da película “La sombra de la ley” na cidade do Cabe foi todo un éxito. Houbo que habilitar unha segunda sala e nelas estiveron presentes a produtora Emma Lustres, un dos actores principais, Vicente Romero, e o propio director Dani de la Torre.
Esta cinta, cun forte protagonismo lucense, está dirixida por Dani de la Torre, protagonizada por Luis Tosar, e tivo a cidade amurallada de plató natural durante rodaxe.
Tras máis de cinco anos de atraso, o filme Galaicus rodarase en Lugo en 2017 coa presenza de Luís Tosar, como produtor e actor principal, no papel dun cónsul romano que se enamora dunha raíña galega. A área de Cultura da Deputación de Lugo achegará 51.000 euros para a realización do filme.
  comenta   12