Recoñeceu ser autor do disparo mortal, aínda que aclarou que actuou en lexítima defensa, porque a vítima se presentou no seu domicilio armado cunha machada e ameazándoo.
A tamén vicepresidenta segunda do Goberno central dixo que Sumar "sabe para quen goberna", que é a clase traballadora. "Queda moito por facer, como a redución da xornada", engadiu, pedindo aos preto de 150 asistentes ao mitin que se mobilicen o vindeiro domingo. "Eles votan todos, os vivos e os mortos", engadiu.
  comenta   0
Os sindicatos SIT-FSI, UGT e CC.OO. asinaron este martes o novo convenio colectivo de Stellantis Vigo, despois de que o grupo automobilístico comprometésese a adxudicar á fábrica olívica a súa nova plataforma para vehículos eléctricos, prevista para 2027-2028.
A presidenta de Foanpas, Iria Salvande, lamentou que o goberno municipal decidise cubrir as 24 prazas vacantes de conserxería dos centros vigueses contratando a unha empresa privada, no canto de chamando ao persoal da lista do último concurso público.
Na súa maior parte serán estáticas, pero tamén as haberá dinámicas como en Ourense, A Coruña e Ferrol.
  comenta   0
Coia precisa recuperar o seu ser no mundo e a independencia necesaria para gobernarse por si e en prol do benestar de todos e cada un dos seus moradores. Que ninguén pense que o proceso que propoño é unha loucura ou unha parvada.
  comenta   0
En nome do progreso matáronnos o Turreiro, esnaquizáronnos o Cruceiro, espoliáronnos as terras, extinguiron as especies, perdéronse os xogos tradicionais, sans e socializadores por requirir esforzo físico e se practicar en grupo, desapareceron usos e costumes centenarios que posibilitaron a supervivencia da xente, desfixeron a orografía da parroquia, invadíronnos milleiros de forasteiros...
  comenta   1
Xa no século XVIII o médico inglés Edward Jenner deducira que as leiteiras do seu pobo non padecían a varíola porque ao muxir tiñan contacto continuo co virus que provoca esta doenza nas vacas. Desta observación xurdiu a vacina da varíola humana e con ela todas as vacinas posteriores. Grazas a este fito da ciencia médica, pódese afirmar que Jenner salvou máis vidas que mortos provocaron, todos xuntos, Alexandre Magno, César, Atila, Genghis Khan, Carlos V, Napoleón, Hitler, Stalin e moitísimos outros emperadores e xenerais ao longo da historia.
  comenta   0
Desde as 21:00h do pasado xoves 26 houbo luces, focos, cancións para subir os ánimos… Un espectáculo feito só coa vontade de animar á comunidade nestes tempos difíciles.
Álvaro Gago, director da curtametraxe premiada internacionalmente "Matria", ten novo traballo: "16 de Decembro". Nesta entrevista con GC, o vigués repasa a fondo temas como as características da súa obra, facer cinema na era tecnolóxica ou a influencia dos festivais para o prestixio dos cineastas.
  comenta   0
As forzas de seguridade buscan a unha moza de 17 anos de idade, Marta P.M., cuxa familia denunciou a súa desaparición, e da que non se coñece o seu paradoiro desde o pasado fin de semana, cando falou co seu pai e díxolle que ía a un concerto que se celebrou no barrio vigués de Coia.
Todos os grandes clubes españóis e a maior parte dos europeos teñen estadios en propiedade, forma parte da fortaleza da institución, dos activos, dalle solidez e prestixio ao clube do que se trate e permitelle medrar, na Europa actual a fortaleza dos clubes deportivos, moi particularmente dos clubes de futbol marca a importancia da cidade, ter un estadio municipal é sintoma de fraqueza, ninguén imaxina ao Real Madrid, ao FC Barcelona, ao Atlético de Madrid, o Valencia, o Sevilla ou ao Athletic de Bilbao xogando nun estadio municipal.
  comenta   0
A través deste mapa interactivo podes coñecer os emprazamentos das grandes mobilizacións de Vigo dos últimos 40 anos, dende as mobilizacións por mor da Sanidade ata a folga de 1972, pasando polas mobilizacións do barrio de Coia ou polas preferentes.
Señor Caballero: Como alcalde de Vigo o seu deber é situar á cidade nunha posición destacada neste século XXI, non retrotraela ao XIX; e para iso non chega con engadir unha palabriña en inglés ao nome da tarxeta de transporte público.
  comenta   3
O policía local de Vigo que mantiña a denuncia retirouna na véspera da data do xuízo oral. A Fiscalía xa retirara a acusación con anterioridade.
  comenta   1
É católico practicante, con tres fillos e con anos de servizo á comunidade e os máis desfavorecidos en Coia (Vigo). Está condenado a tres anos e medio de prisión e pagar 30.000 euros por ter mancado a un policía, algo que nega con rotundidade. “Nunca fixen tal e xa lle pedín que conte a verdade”, asegura. Agora só lle toca “resistir”, como di, para evitar ir á cadea.
  comenta   3