No ano 1969, o ditador Francisco Franco nomeou a Juan Carlos de Borbón como o seu sucesor na xefatura de Estado español. Cinco décadas despois, a súa figura aínda é moi controvertida. Por unha banda, hai posturas que consideran que é un representante do Réxime, como Manuel Monge ou Iván Rodríguez, voceiro de Espiral - Mocidade Republicana Galega. En contraposición, outras persoas érguense na súa defensa como o fundador e presidente de Unión Monárquica de España, Joaquín Corominas.