Actrices espidas para unha imaxe promocional de Le bal des actrices

Gratis un novo ciclo de cine de comedias francesas

Pantallas - 02 Decembro 2015

Do 1 de decembro ao 2 de febreiro proxectanse varios dos últimos éxitos máis populares do cinema do país galo. É unha iniciativa da Alliance Française en colaboración coa entidade Afundación.

Aitor Rei

A cinta que denuncia as causas da traxedia do Alvia gaña Cineuropa

Pantallas - 01 Decembro 2015

‘Frankenstein-04155’ gaña a XXIX edición de Cineuropa á que asistiron preto de 30.000 espectadores. O público deulle un 9’53 ao filme, dirixido polo galego Aitor Rei e que afonda no accidente do Alvia 04155. Os santiagueses ateigaron as salas para ver esta película.

Ignacio Vilar /  Bene Riobó wikipedia

“Vivir en Galicia é vivir no paraíso, por iso conto historias de aquí”

Pantallas - 20 Novembro 2015

Se fose chinés, Ignacio Vilar di que contaría historias da China; pero é galego militante. Por iso o director de A Esmorga -existo filme cuxo DVD anda a promocionar estes días- defende a súa aposta por tramas galegas. Nesta entrevista defende unha política de cotas para as películas de países como o noso e adianta aspectos do seu novo filme, Sicixia, que chegará as pantallas en 2016.

Documental sobre o accidente do tren Alvia en Angrois Frankenstein-04155

Todo listo para o Cineuropa 2015

Pantallas - 03 Novembro 2015

Este venres ergue o telón a cita máis agardada por moitos cinéfilos europeos. A estrea do documental das vítimas sobre o accidente do Alvia, un ciclo sobre a Caza de Bruxas e as homenaxes a Ripstein e Manoel Gomes son algúns dos elementos destacados do programa.

O cine tamén é para os maiores

Pantallas - 06 Outubro 2015

Comeza a o ciclo de cinema «Os de máis de 60 contamos» nas distintas sedes de Afundación en toda Galicia. Le Week-End, En construcción, Un amigo para Frank e Sang Woo y su abuela son os catro títulos escollidos.

Salomé España, 2002, Carlos Saura. Con Aída Gómez e Paco Mora.

As actividades paralelas da Tempada Lírica presentan o filme «Salomé»

Pantallas - 29 Setembro 2015

Varias proxeccións de ópera e o segundo curso de técnica vocal impartido por Alberto Zedda atópanse entre as demais propostas. Na da Tempada Lírica da Coruña o acceso a todas as actividades é libre e gratuíto.

A primeira longametraxe sobre a gastronomía galega

Pantallas - 26 Setembro 2015

O Culinary Zinema, a sección dedicada á gastronomía do prestixioso Festival Internacional de Cine de San Sebastian, acolle o venres o estreo de Cocinando en el fin del mundo, unha película producida por Esmerarte coa colaboración de Turismo de Galicia e AGADIC

Antonio Garrido por www.suerainbow.es

Obxectivo : Antonio Garrido

Pantallas - 31 Agosto 2015

Antonio Garrido, nacido en Sevilla, actor e presentador. Rodou por todas as canles habidas e por haber. Series, películas,teatro, programas... Como presentador, por exemplo, Identity, que lle valeu un Tp de Oro. É recordado por varias series, unha delas, Los Protegidos, onde fixo o papel protagonista de pai destes nenos con poderes. Rodou ás ordes de Alex de la Iglesia, Antonio Banderas ou Salma Hayek, por citar algúns.

Presentación do FanCine en Monforte

Dani de la Torre no FanCine de Lemos

Pantallas - 27 Agosto 2015

Bota a andar a II edición do FanCine de Lemos, festival de cinema fantástico e de terror que convocará aos amantes do xénero en Monforte de Lemos os días 27, 28 e 29 deste mes.

Roberto Alvarez por www.suerainbow.es

Obxectivo : Roberto Alvarez

Pantallas - 07 Agosto 2015

Hoxe temos connosco no estudo de Espazo Mood, en Madrid a Roberto Álvarez, un actor español recoñecido por protagonizar durante anos a serie "Ana y los 7", pero é moito máis. Ten un extenso curriculum en Teatro, Cine e Televisión. Actualmente esta protagonizando xunto a outros grandes actores a obra teatral "Continuidad de los parques" en xira por toda España.

Santi Romay por www.suerainbow.es

Obxectivo : Santi Romay

Pantallas - 06 Agosto 2015

Santi Romay é un actor que moi pronto comezou no audiovisual galego. Dende moi pequeno xa tiña claro que quería adicarse a isto, e poder enfundarse na pel de diferentes personaxes. A súa carreira foi medrando na televisión con series como Mareas Vivas, Matalobos e Os Atlánticos entre outras. Agora mesmo forma parte do elenco de Casa Manola, serie da TVG. Ademais formouse en Pedagoxía Teatral e destacou en diferentes espectáculos teatrais polo que colleitou premios como o María Casares. O cine é o sector no que menos traballou, ainda que participou nalgunhas películas como Vilamor, Personal Movie ou Somos Xente Honrada entre outras.

Miguel Canalejo por www.suerainbow.es

Obxectivo : Miguel Canalejo

Pantallas - 04 Agosto 2015

Dende pequeno soubo que quería adicarse a interpretación, así que en canto rematou o instituto matriculouse na Escola Superior de Arte Dramática de Galicia. Despois de licenciarse, especializouse en Interpretación para audiovisual na Central de Cine en Madrid. Agora mesmo é parte da serie de TVG "Serramoura" na que leva dúas tempadas. Tamén tivo a sorte de participar na longametraxe "El Club de los Incomprendidos" e este outono terá un pequeno papel en "Migas de pan" de Xamalú Filmes.