Artigos de Paisaxe Maltratada - Carlos Coto

Audasa dando exemplo, tamén

Agora que tan de actualidade está a Autoestrada do Atlántico (AP9) polas colas que se producen nas fins de semana, pola carencia de persoas nas peaxes, que foron substituídas por máquinas, polas queixas da nova propietaria da non rendibilidade da infraestrutura, non podemos deixala fóra do noso asunto: o Maltrato da Paisaxe.

Urbanismo irresponsable

A Praza Padre Rubinos forma parte dun barrio da cidade de A Coruña, perto da estación, que foi construido para recoller a inmigración interior galega nos anos 50 do século pasado. Ainda que non se trata dun barrio modélico ou extraordinario, si censeguiron construir con harmonía, con alturas limitadas e con bastante coherencia.

Coas fornecedoras topamos

A foto corresponde co Casco Vello de Ourense, pero podería ser Betanzos, Viveiro ou Cangas, porque o que se quere traer ao caso é a irresponsabilidade das empresas fornecedoras de servizos (electricidade, telefonía) empeñándose en encher as nosas vilas e cidades de cables aéreos ou descorrendo polas fachadas.

Cerceda d'Or, parque temático

O pendello que amosamos hoxe está situado a carón do Parque Acuático de Cerceda, o único do noso País. Trátase dunha estrutura aladrillada que leva nese lugar seguramente dende antes do propio parque.

Ollos que non ven

Vendo esta fotografía da Arzúa (A Coruña), no Camiño de Santiago cara a Melide, dá a impresión de que os seus artífices pretenden enganar á Administración, ben sexa ao Concello, ben sexa a Estradas de Galicia.

Unha entrada inspirada na India

Esta é a primeira impresión que recibimos ao entrar en A Estrada (Pontevedra) cando chegamos de Compostela.

Cando comezamos a perder a escala

Esta impactante fotografía do mestre Xoán Piñón ilustra o momento no que a especulación se apoderou das rúas e prazas da cidade de A Coruña, en concreto a Praza de Pontevedra.

As novas torres de Compostela

Encomendáronlle este edificio para acoller ao servizo de bombeiros aos mesmos arquitectos aos que lles encomendaron o aeroporto de Lavacolla, pero colleu a construción no medio da crise e, talvez polos típicos desaxustes (incrementos) de orzamento, a obra está sen rematar.
Carlos Coto Nacido na Estrada, resido actualmente en Rianxo. Arquitecto dende 1988 con especialización en rehabilitación e Urbanismo. Como profesional liberal realicei edificios en Galicia, Cantabria, Euskadi, Portugal, Italia e Madrid. Ademais fun secretario técnico do COAG, arquitecto municipal de A Pobra e actualmente diretor da Oficina de Rehabilitación de Rianxo. Defendo o Urbanismo Sustentábel, a Ordenación Racional do Territorio, a Arquitectura Tradicional e loito contra o Maltrato da Paisaxe, do Territorio e do Patrimonio, eido, no que levo 30 anos loitando e impartindo moitas conferencias ao respecto. Facebook