Urbanismo irresponsable

A Praza Padre Rubinos forma parte dun barrio da cidade de A Coruña, perto da estación, que foi construido para recoller a inmigración interior galega nos anos 50 do século pasado. Ainda que non se trata dun barrio modélico ou extraordinario, si censeguiron construir con harmonía, con alturas limitadas e con bastante coherencia.

Por Paisaxe Maltratada - Carlos Coto | Rianxo | 06/11/2014

Comparte esta noticia

552139_396151673825712_999837618_n

Trátase dun sector consolidado da cidade, que non precisa unha nova ordenación, non necesita un plan xeral, porque xa está consolidada. Pero por desgraza, o modelo de PXOM consiste en planificar cada équis anos toda a cidade, e outorgarlle cada équis anos un número de alturas.

Onde xa era unha cidade consolidada, ven o novo Plan Xeral e permite catro alturas máis, fomentando a especulación inmobiliaria. É unha irresponsabilidade, tanto da lei, como do plan, como do goberno municipal.

Na miña opinión, as áreas consolidadas das cidades non precisan que veña un novo planeamento a modificar a ordenación. O modelo de "Plan Xeral" é caduco.


Carlos Coto

Nacido na Estrada, resido actualmente en Rianxo. Arquitecto dende 1988 con especialización en rehabilitación e Urbanismo. Como profesional liberal realicei edificios en Galicia, Cantabria, Euskadi, Portugal, Italia e Madrid. Ademais fun secretario técnico do COAG, arquitecto municipal de A Pobra e actualmente director da Oficina de Rehabilitación de Rianxo. Defendo o Urbanismo Sustentábel, a Ordenación Racional do Territorio, a Arquitectura Tradicional e loito contra o Maltrato da Paisaxe, do Territorio e do Patrimonio, eido, no que levo 30 anos loitando e impartindo moitas conferencias ao respecto.

Todos os artigos de Carlos Coto aquí.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Carlos Coto Nacido na Estrada, resido actualmente en Rianxo. Arquitecto dende 1988 con especialización en rehabilitación e Urbanismo. Como profesional liberal realicei edificios en Galicia, Cantabria, Euskadi, Portugal, Italia e Madrid. Ademais fun secretario técnico do COAG, arquitecto municipal de A Pobra e actualmente diretor da Oficina de Rehabilitación de Rianxo. Defendo o Urbanismo Sustentábel, a Ordenación Racional do Territorio, a Arquitectura Tradicional e loito contra o Maltrato da Paisaxe, do Territorio e do Patrimonio, eido, no que levo 30 anos loitando e impartindo moitas conferencias ao respecto. Facebook