Por Paisaxe Maltratada - Carlos Coto | Rianxo | 16/01/2015
Pero o que todos reclaman, e é certo, é que o "edificio" non está en Vigo, senón en Redondela, xa que os límites entrambos concellos non están fixados urbanisticamente, so os separa unha liña nos planos.
Xa non falamos do típico edifico que foi vítima da picada da burbulla inmobiliaria, dos que hai centos, porque este leva así máis de trinta anos, e nin ten indicios de que vaia ser rematado, nin estruturalmente é recomendable que sexa así, xa que o deterioro producido polo seu abandono podería repercutir na salubridade e seguridade das vivendas. Só se pode derrubar.
Carlos Coto
Nacido na Estrada, resido actualmente en Rianxo. Arquitecto dende 1988 con especialización en rehabilitación e Urbanismo. Como profesional liberal realicei edificios en Galicia, Cantabria, Euskadi, Portugal, Italia e Madrid. Ademais fun secretario técnico do COAG, arquitecto municipal de A Pobra e actualmente director da Oficina de Rehabilitación de Rianxo. Defendo o Urbanismo Sustentábel, a Ordenación Racional do Territorio, a Arquitectura Tradicional e loito contra o Maltrato da Paisaxe, do Territorio e do Patrimonio, eido, no que levo 30 anos loitando e impartindo moitas conferencias ao respecto.
Todos os artigos de Carlos Coto aquí.