Quen de pequeno non o tivo, constrúe un "Exin Castillos" de maior

En plena Ribeira Sacra, no Concello de Quiroga concretamente, un hostaleiro pretende cumprir o soño da súa vida: "ter o Exin Castillos que non lle compraron de pequeno". Claro que comezou levantándoo sen licenza municipal, descoñezo se co coñecemento do Concello ou non, pero atopou coa Axencia Urbanística da Xunta de Galicia, que agora pretende o seu derrubamento.

Por Paisaxe Maltratada - Carlos Coto | Rianxo | 20/12/2014

Comparte esta noticia

552139_396151673825712_999837618_n

Carlos Coto
Carlos Coto

Claro que non debemos permitir, e de feito non está permitido, facer este tipo de aberracións coa nosa paisaxe. Hai unhas normas, boas ou non tan boas, que esixen que as edificacións se adapten á contorna. Neste caso, e malia a opinión do seu Alcalde "que sospeita que a casa se atopa dentro dunha Aldea"​ (unha voltiña xurídica para evitar que a Xunta a bote abaixo), a contorna é rústica, como se pode ver na foto. 

Pero se estivese "dentro dunha Aldea" (como cre o alcalde) aínda sería pior, porque deberíase adaptar á tipoloxía tradicional.

Neste caso, e na miña humilde opinión, non hai máis solución que botala abaixo, porque non hai por onde adaptala ao noso País.


Carlos Coto

Nacido na Estrada, resido actualmente en Rianxo. Arquitecto dende 1988 con especialización en rehabilitación e Urbanismo. Como profesional liberal realicei edificios en Galicia, Cantabria, Euskadi, Portugal, Italia e Madrid. Ademais fun secretario técnico do COAG, arquitecto municipal de A Pobra e actualmente director da Oficina de Rehabilitación de Rianxo. Defendo o Urbanismo Sustentábel, a Ordenación Racional do Territorio, a Arquitectura Tradicional e loito contra o Maltrato da Paisaxe, do Territorio e do Patrimonio, eido, no que levo 30 anos loitando e impartindo moitas conferencias ao respecto.

Todos os artigos de Carlos Coto aquí.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Carlos Coto Nacido na Estrada, resido actualmente en Rianxo. Arquitecto dende 1988 con especialización en rehabilitación e Urbanismo. Como profesional liberal realicei edificios en Galicia, Cantabria, Euskadi, Portugal, Italia e Madrid. Ademais fun secretario técnico do COAG, arquitecto municipal de A Pobra e actualmente diretor da Oficina de Rehabilitación de Rianxo. Defendo o Urbanismo Sustentábel, a Ordenación Racional do Territorio, a Arquitectura Tradicional e loito contra o Maltrato da Paisaxe, do Territorio e do Patrimonio, eido, no que levo 30 anos loitando e impartindo moitas conferencias ao respecto. Facebook